Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 96 Luns, 23 de maio de 2016 Páx. 19783

V. Administración de xustiza

Tribunal Superior de Xustiza de Galicia (Sala do Social)

EDICTO (2795/2015 MJC).

Eu, M. Socorro Bazarra Varela, letrada da Administración de xustiza da Sala Segunda do Social do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, fago saber que no procedemento de recurso de suplicación 2795/2015 desta sección, seguido por instancia da Mutua Gallega de Accidentes de Trabajo contra o Instituto Social da Mariña, Instituto Nacional da Seguridade Social, Tesouraría Xeral da Seguridade Social, Sergas, José Villar Pérez e a empresa Mouro, S.A. sobre accidente, se ditou a seguinte resolución:

«Que, desestimando o recurso de suplicación interposto pola representación procesual da mutua demandante contra a sentenza do 13.4.2015, ditada polo Xulgado do Social número 4 de Vigo, en autos 438/2014, confirmamos a sentenza impugnada.

Condenamos a entidade recorrente a aboar os honorarios do letrado do demandante e impugnante da suplicación por importe de seiscentos un euros (601 euros). De acordo co artigo 235.1 da LXS, a entidade demandada-recorrente debe aboar os honorarios de letrado da demandante-impugnante do recurso e darlles aos depósitos constituídos o destino legal correspondente.

Incorpórese o orixinal desta sentenza, pola súa orde, ao libro de sentenzas deste Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, Sala do Social.

Modo de impugnación: fáiselles saber ás partes que contra esta sentenza cabe interpoñer recurso de casación para unificación de doutrina que debe prepararse mediante escrito presentado ante esta sala dentro do improrrogable prazo de dez días hábiles inmediatos seguintes á data de notificación da sentenza. Se o recorrente non ten a condición de traballador ou beneficiario do réxime público de seguridade social, deberá efectuar:

– O depósito de 600 euros na conta de 16 díxitos desta sala, aberta no banco de Santander (Banesto) co nº 1552 0000 37 seguida de catro díxitos correspondentes ao nº do recurso e dous díxitos do ano deste.

– Así mesmo, se hai cantidade de condena, deberá consignala na mesma conta, pero co código 80 en vez do 35 ou ben presentar aval bancario solidario en forma.

– Se o ingreso se fai mediante transferencia bancaria desde unha conta aberta en calquera entidade bancaria distinta, haberá que emitila á conta de vinte díxitos 0049 3569 92 0005001274 e facer constar no campo “Observacións ou concepto da transferencia” os 16 díxitos que corresponden ao procedemento (1552 0000 80 ó 35 **** ++).

Así, por esta nosa sentenza, pronunciámolo, mandámolo e asinámolo».

E, para que así conste para efectos de publicación no Diario Oficial Galicia co fin de que sirva de notificación en forma á empresa Mouro, S.A. coa advertencia de que as seguintes comunicacións se farán en estrados, salvo as que deban revestir forma de auto ou sentenza ou se trate de emprazamento, expido e asino este edicto.

A Coruña, 29 de abril de 2016

A letrada da Administración de xustiza