Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 96 Luns, 23 de maio de 2016 Páx. 19781

V. Administración de xustiza

Tribunal Superior de Xustiza de Galicia (Sala do Social)

EDICTO (RSU 555/2016-MCR).

Eu, M. Asunción Barrio Rúa, letrada da Administración de xustiza da Sala do Social do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, fago saber que no procedemento de recurso de suplicación 555/2016 MCR desta sección, seguido por instancia de María Josefa Lorenzo Varela contra Tortoni, S.L.; Javier Antonio Álvarez Poch, Cocimanía Noroeste, S.L.; Financial Developed Arabia Saudi, S.L.; Técnicos Hosteleros del Noroeste, S.L.; Rodríguez Porven Bernabé, S.L., Soros Investiment Corporation Spain, S.L., Emilio Suárez de Ron, Orzapub, S.L. e o Fogasa, sobre incidentes de execución, se ditou a resolución cuxa parte dispositiva é do seguinte teor literal:

«Rexeitamos o recurso de suplicación interposto pola representación letrada de María Josefa Lorenzo Varela contra o auto do Xulgado do Social número 3 da Coruña, do 15 de maio de 2015, en autos nº 300/2014-execución nº 182/2014, que confirmamos.

Incorpórese o orixinal desta sentenza, pola súa orde, ao libro de sentenzas deste TSX de Galicia, Sala do Social.

Modo de impugnación: fáiselles saber ás partes que contra esta sentenza cabe interpor recurso de casación para unificación de doutrina que debe prepararse mediante escrito presentado ante esta sala dentro do improrrogable prazo dos dez días hábiles inmediatos seguintes á data de notificación da sentenza. Se o recorrente non tivese a condición de traballador ou beneficiario do réxime público da Seguridade Social deberá efectuar:

– O depósito de 600 € na conta de 16 díxitos desta sala, aberta no Banco de Santander (Banesto) co nº 1552 0000 37, seguida dos catro díxitos correspondentes ao nº do recurso e dous díxitos do ano deste.

– Así mesmo, se hai cantidade de condena, deberá consignala na mesma conta, pero co código 80 en vez do 37, ou ben presentar aval bancario solidario en forma.

– Se o ingreso se fai mediante transferencia bancaria desde unha conta aberta en calquera entidade bancaria distinta, haberá que emitila á conta de vinte díxitos 0049 3569 92 0005001274 e facer constar no campo de observacións ou concepto da transferencia os 16 díxitos que corresponden ao procedemento (1552 0000 80 ou 37 **** ++).

Así, por esta nosa sentencia, pronunciámolo, mandámolo e asinámolo».

E para que lles sirva de notificación en legal forma a Financial Developed Arabia Saudi, S.L., Rodríguez Porven Bernabe, S.L.; Soros Investiment Corporation Spain, S.L., Emilio Suárez de Ron e Orzapub, S.L., en paradoiro ignorado, expido o presente edicto para a súa inserción no DOG.

Advírtese o destinatario de que as seguintes comunicacións se farán fixando copia da resolución ou da cédula no taboleiro de anuncios da oficina xudicial, salvo no suposto da comunicación das resolucións que deban revestir forma de auto ou sentenza, ou cando se trate de emprazamento.

A Coruña, 22 de abril de 2016

A letrada da Administración de xustiza