Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 88 Martes, 10 de maio de 2016 Páx. 17888

V. Administración de xustiza

Xulgado de Primeira Instancia e Instrución número 2 de Vilagarcía de Arousa

EDICTO de notificación de sentenza (699/2012).

Eu, Lourdes Soto Rodríguez, secretaria do Xulgado de Primeira Instancia e Instrución número 2 de Vilagarcía de Arousa,

Fago saber:

Que no procedemento de divorcio nº 699/2012 foi ditada sentenza cuxo encabezamento e parte dispositiva son do teor literal seguinte:

«Sentenza

Vilagarcía de Arousa, 7 de abril de 2016

Vistos por Rosa Lama Marra, xuíza titular do Xulgado de Primeira Instancia e Instrución número 2 de Vilagarcía de Arousa, os presentes autos de divorcio contencioso, seguidos co núm. 699/2014, promovidos polo procurador José Luís Gómez Feijoó, en nome e representación de José Manuel López Blanco, asistido do letrado José Fernández Iglesias, contra Catalina Moncayo Bolaños, en rebeldía procesual,

Decido:

Admitindo a demanda de divorcio formulada polo procurador José Luís Gómez Feijoó, en nome e representación de José Manuel López Blanco contra Catalina Moncayo Bolaños, debo declarar e declaro a disolución do matrimonio contraído polos devanditos cónxuxes, por divorcio, con todos os seus efectos legais. Acórdase a revogación de poderes e consentimentos que se tiveren outorgado os cónxuxes e acórdase a disolución da sociedade de gananciais.

Todo isto, sen expresa declaración canto ás custas causadas.

Firme esta resolución, comuníquese ao Rexistro Civil de Berna, o cal se levará a cabo a través do Rexistro Civil Central onde conste inscrito o matrimonio dos cónxuxes, e póñase nas actuacións certificación da resolución e inclúase no libro de sentenzas.

Notifíquese ás partes a presente resolución facéndolles saber que non é firme e que contra ela se poderá formular impugnación mediante recurso de apelación ante a Audiencia Provincial de Pontevedra (artigo 455 LAC). O recurso interporase ante o tribunal que ditou a resolución que se impugne, dentro do prazo de vinte días contados desde o día seguinte ao da notificación daquela. Na interposición do recurso o apelante deberá expor as alegacións en que se basea a impugnación, ademais de citar a resolución apelada e os pronunciamentos que impugna (artigo 458.1 e 2 LAC).

Así o pronuncio, mando e asino por esta sentenza, Rosa Lama Marra, xuíza do Xulgado de Primeira Instancia e Instrución número 2 de Vilagarcía de Arousa».

E como consecuencia do ignorado paradoiro da demandada Catalina Moncayo Bolaños, expídese este edicto para que sirva de cédula de notificación.

Vilagarcía de Arousa, 18 de abril de 2016

A letrada da Administración de xustiza