Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 88 Martes, 10 de maio de 2016 Páx. 17887

V. Administración de xustiza

Xulgado de Primeira Instancia e Instrución número 2 de Lalín

EDICTO (479/2015).

Myriam de Mata Schick, secretaria xudicial do Xulgado de Primeira Instancia e Instrución número 2 de Lalín, polo presente,

Anuncio:

No presente procedemento de xuízo verbal 479/2015 seguido por instancia de Fuel Iberia, S.L.U. fronte a Fontesello, S.L, se ditou Sentenza do 25 de febreiro de 2016, cuxa resolución é do teor literal seguinte:

Resolución.

Acordo estimar parcialmente a demanda presentada por Fuel Iberia, S.L.U. fronte a Fontesello, S.L. e, en consecuencia, condenar a demandada a aboar á demandante 1.620,16 euros, máis os xuros legais desde a data de interposición da demanda.

Non procede a condena en custas de ningunha das partes.

Notifíquese esta resolución ás partes.

Esta sentenza é firme.

Así o acordo e asino, Gonzalo Sans Besada, xuíz do Xulgado de Primeira Instancia e Instrución número 2 de Lalín.

E, encontrándose este demandado, Fontesello, S.L., en paradoiro descoñecido, expídese este edicto co fin de que sirva de notificación en forma.

Lalín, 25 de febreiro de 2016

A secretaria xudicial