Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 88 Martes, 10 de maio de 2016 Páx. 17886

V. Administración de xustiza

Xulgado de Primeira Instancia e Instrución número 3 de Betanzos

EDICTO (556/2014).

Francisco Ferreiro Vázquez, secretario xudicial do Xulgado de Primeira Instancia e Instrución número 3 de Betanzos, polo presente

Anuncio:

Neste procedemento seguido por instancia de Fernández Freijo, S.L. contra Mercacurtis, S.L. ditouse Sentenza 177/2015, do 18 de decembro de 2015, cuxa resolución é do teor literal seguinte:

“Resolvo que, estimando como estimo a demanda interposta por Fernández Freijo, S.L., con procuradora Sra. Sánchez Presedo contra Mercacurtis, S.L., en rebeldía, debo condenar e condeno a demandada a lle aboar á demandante a suma de once mil trescentos sesenta e oito euros con noventa e seis céntimos (11.368,96 euros) máis o xuro legal da dita suma desde a reclamación extraxudicial realizada o 23 de abril de 2014, con expresa imposición á demandada das custas procesuais causadas.

Únase esta ao libro rexistro de sentenzas e autos definitivos civís deste xulgado e expídase testemuño que se unirá aos autos a que se contrae.

Así, por esta miña sentenza, pronúncioo, mándoo e asínoo.

Modo de impugnación. Mediante recurso de apelación perante a Audiencia Provincial da Coruña no prazo de vinte días hábiles contados desde o seguinte ao da notificación».

Ao encontrarse a dita demandada, Mercacurtis, S.L., en paradoiro descoñecido, expídese este edicto co fin de que lle sirva de notificación.

Betanzos, 2 de febreiro de 2016

O secretario xudicial