Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 88 Martes, 10 de maio de 2016 Páx. 17884

V. Administración de xustiza

Xulgado de Primeira Instancia número 5 de Santiago de Compostela

EDICTO (352/2015).

No procedemento de referencia ditouse a resolución do teor literal seguinte:

Xulgado de Primeira Instancia número 5 de Santiago de Compostela

Sentenza: 37/2006

Xulgado de Primeira Instancia número 5 de Santiago de Compostela

Xuízo verbal: 352/2015 -2

Sentenza.

Santiago de Compostela, 28 de marzo de 2016.

Vistos por M. de Luna Taboada Martínez, maxistrada xuíza do Xulgado de Primeira Instancia número 5 desta cidade, os presentes autos de xuízo verbal nº 352/2015, seguidos por instancia da Comunidade de Propietarios do Edificio Chavián VIII-Fase II, representado polo procurador Sr. Gómez Martín, baixo a asistencia letrada de Sr. Martínez-Olivares Gómez (Sra. Fernández González), contra Construcciones Mouriño Bello, S.L. en situación de rebeldía procesal.

Parte dispositiva:

Estímase a demanda presentada polo procurador Sr. Gómez Martín, en nome e representación invocada e, en consecuencia, condénase o demandado a pagar á demandante a cantidade de tres mil novecentos vinte e nove euros e trinta e cinco céntimos (3.929,35 €) máis os xuros desde a data de presentación da demanda, así como ao pagamento das custas.

Notifíquese esta sentenza ás partes e fágaselles saber que contra ela cabe recurso de apelación que, se é o caso, deberá interpoñerse ante este mesmo xulgado dentro dos vinte días seguintes a aquel en que se notifique esta resolución. Para a interposición do dito recurso é necesaria a constitución de depósito na conta de depósitos e consignacións do xulgado, de acordo co establecido na disposición adicional décimo quinta da LOPX e polo importe de 50 €, o que deberá ser acreditado á presentación do recurso.

Así o acorda, manda y asina, M. de Luna Taboada Martínez, maxistrada xuíza do Xulgado de Primeira Instancia número 5 de Santiago de Compostela.

E, como consecuencia do ignorado paradoiro de Construcciones Mouriño Bello, S.L., exténdese o presente edicto para que sirva de cédula de notificación.

Santiago de Compostela, 6 de abril de 2016

O/a letrado/a da Administración de xustiza