Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 88 Martes, 10 de maio de 2016 Páx. 17890

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 4 de Pontevedra

EDICTO (52/2016).

Blanca Susana Janeiro Amela, letrada da Administración de xustiza do Xulgado do Social número 4 de Pontevedra, fai saber que no procedemento execución de títulos xudiciais 52/2016 deste xulgado do social, seguido por instancia de Ana María Rodríguez Peón contra a empresa La Reigosa, S.L., sobre ordinario, se ditou a seguinte resolución, cuxa parte dispositiva se xunta:

Dispoño despachar orde xeral de execución de sentenza a favor da parte executante, Ana María Rodríguez Peón, fronte a La Reigosa, S.L., parte executada, por importe de 2.213,75 euros de principal, máis outros 221,37 euros que se fixan provisionalmente en concepto de xuros que, de ser o caso, se poidan devindicar durante a execución e as custas desta, sen prexuízo da súa posterior liquidación.

– Requirir a La Reigosa, S.L. co fin de que, no prazo de dez días, manifeste unha relación de bens e dereitos suficientes para cubrir a contía da execución, con expresión, de ser o caso, das cargas e gravames, así como, no caso de inmobles, se están ocupados, por que persoas e con que título, baixo apercibimento de que, no caso de non o verificar, poderá ser sancionado, cando menos, por desobediencia grave, en caso de que non presente a relación dos seus bens, inclúa nela bens que non sexan seus, exclúa bens propios susceptibles de embargo ou non desvele as cargas e gravames que pesen sobre eles, e poderánselle impor tamén multas coercitivas periódicas.

– Consultar as aplicacións informáticas do órgano xudicial para a indagación de bens do executado.

E para que sirva de notificación en legal forma a La Reigosa, S.L., en ignorado paradoiro, expido este edicto para a súa inserción no DOG.

Advírtese o destinatario de que as seguintes comunicacións se farán fixando copia da resolución ou da cédula no taboleiro de anuncios da oficina xudicial, agás no suposto da comunicación das resolucións que sexan autos ou sentenzas, ou cando se trate de emprazamento.

Pontevedra, 13 de abril de 2016

A letrada da Administración de xustiza