Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 88 Martes, 10 de maio de 2016 Páx. 17891

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 2 de Santiago de Compostela

EDICTO (295/2012).

Eu, Marina Pilar García de Evan, letrada da Administración de xustiza do Xulgado do Social número 2 de Santiago de Compostela, fago saber que no procedemento ordinario 295/2012 deste xulgado do social, seguido por instancia de José Luis Neira Fontao contra Grupo Construnor Estructuras, S.L., sobre cantidade, se ditou sentenza cuxa resolución di así:

«Resolvo que debo estimar a demanda presentada por instancia de José Luis Neira Fontao, representado e asistido pola letrada Sra. Liste López, contra a entidade Grupo Construnor Estructuras, S.L., o seu administrador concursal Carlos Paz Costa e Fogasa, que no comparecen malia estaren debidamente citados, sobre reclamación de cantidade, e, en consecuencia, debo condenar e condeno a entidade demandada ao aboamento ao demandante da cantidade de 5.661,45 euros como cantidades debidas máis o xuro de mora do 10 % sobre a dita cantidade.

Debo condenar e condeno o administrador concursal Carlos Paz Costa a aterse a esta resolución.

Debo absolver e absolvo o Fogasa sen prexuízo da súa responsabilidade subsidiaria nos casos previstos no artigo 33 do Estatuto dos traballadores.

Notifíqueselles ás partes esta resolución e fágaselles saber que contra ela poderán interpor recurso de suplicación, ante a Sala do Social do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, no prazo de cinco días contados desde o seguinte ao da súa notificación.

A anterior resolución entregaráselle ao letrado da Administración de xustiza para a súa custodia e incorporación ao libro de sentenzas. Insírase nas actuacións por medio de testemuño.

Por esta a miña sentenza, xulgando definitivamente en primeira instancia, pronúncioo, mándoo e asínoo».

Para que sirva de notificación en legal forma a Grupo Construnor Estructuras, S.L., en ignorado paradoiro, expido este edicto para a súa inserción no Diario Oficial de Galicia.

Advírteselle á destinataria que as seguintes comunicacións se farán fixando copia da resolución ou da cédula no taboleiro de anuncios da oficina xudicial, salvo no suposto da comunicación das resolucións que sexan autos ou sentenzas, ou cando se trate de emprazamento.

Santiago de Compostela, 15 de abril de 2016

A letrada da Administración de xustiza