Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 80 Mércores, 27 de abril de 2016 Páx. 15581

V. Administración de xustiza

Xulgado de Primeira Instancia e Instrución número 1 da Estrada

EDICTO (169/2015).

Eu, Demetrio Mato Bartolomé, letrado da Administración de xustiza do Xulgado de Primeira Instancia e Instrución número 1 da Estrada, dou fe e testemuño de que nos autos de divorcio contencioso 169/2015 consta o que literalmente se pasa a transcribir a seguir como encabezamento e resolución da sentenza:

«Sentenza.

A Estrada, 3 de novembro de 2015.

Vistos por min, Ricardo Antonio López Fernández, xuíz do Xulgado de Primeira Instancia e Instrución número 1, Xulgado de Violencia sobre a Muller da Estrada e do seu partido xudicial, os presentes autos de divorcio contencioso, seguidos ante este xulgado co nº 169/2015, promovidos por instancia de Mª de los Ángeles Rebolo Cacheiro, representada polo procurador dos tribunais Sr. Sánchez Ortega e baixo a dirección da letrada Sra. Fondevila Taboada, fronte a Juan Manuel Agra Méndez, declarado en situación de rebeldía procesual.

É parte o Ministerio Fiscal, que intervén representado por Alejandro Tuero González.

Parte dispositiva

Debo aceptar e acepto parcialmente a demanda presentada polo procurador dos tribunais Sr. Sánchez Ortega, en nome e representación de Mª de los Ángeles Rebolo Cacheiro, fronte a Juan Manuel Agra Méndez, declarado en situación de rebeldía procesual, e acordo:

1º. A disolución por divorcio do matrimonio contraído por Mª de los Ángeles Rebolo Cacheiro e Juan Manuel Agra Méndez, con data do 20 de outubro de 1996, na igrexa de San Xiao de Vea, neste termo municipal, con todos os efectos que lle son inherentes.

2º. O non establecemento dun réxime de comunicación e estadía de Juan Carlos e David co seu proxenitor Juan Manuel, sen prexuízo do cal, eles e o seu pai, de común acordo, en atención á idade de ambos os dous, fixen libremente o que consideren.

3º. O establecemento dunha pensión de alimentos de 165 euros mensuais a favor dos seus tres fillos (o que fai un total de 495 euros), que deberá satisfacer Juan Manuel, nos cinco primeiros días de cada mes e por mensualidades anticipadas, na conta bancaria que sinale Mª de los Ángeles. Esta cantidade será actualizable anualmente conforme o aumento ou diminución que experimente o índice xeral anual do índice de prezos de consumo. Cada un dos proxenitores satisfará por metade os gastos extraordinarios.

Non procede facer expresa imposición de custas por ser un procedemento de interese público.

Esta sentenza non é firme, contra ela pode interporse recurso de apelación, ante a Audiencia Provincial de Pontevedra, neste mesmo xulgado, no prazo de vinte días, contados a partir do seguinte ao da súa notificación. Para a interposición do recurso deberase acreditar no momento de prepararse o recurso a consignación do depósito e demais requisitos legalmente establecidos, na conta de consignacións e depósitos deste xulgado, baixo apercibimento de non admitir a trámite o recurso.

Unha vez asine a presente resolución, comuníquese ao Rexistro Civil onde conste inscrito o matrimonio, co obxecto da práctica do asento que corresponda.

Líbrese e únase certificación desta resolución ás actuacións con inclusión do orixinal no libro de sentenzas.

Así o acorda, manda e asina Ricardo Antonio López Fernández, xuíz do Xulgado de Primeira Instancia e Instrución número 1, Xulgado de Violencia sobre a Muller da Estrada».

O anteriormente transcrito concorda ben e fielmente co seu orixinal ao que me remito e expido o presente edicto.

A Estrada, 7 de abril de 2016

O letrado da Administración de xustiza