Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 80 Mércores, 27 de abril de 2016 Páx. 15583

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 5 da Coruña

EDICTO (1158/2015).

Eu, María Jesús Hernando Arenas, letrada da Administración de xustiza do Xulgado do Social número 5 da Coruña, fago saber que no procedemento de despedimento/cesamentos en xeral 1158/2015 deste xulgado do social, seguido por instancia de Youssou Ndog contra Asociación Buesma Amistad e Antonio F. Sánchez Iglesias, sobre despedimento, se ditou sentenza cuxa resolución di:

«Que debo estimar e estimo a demanda que en materia de despedimento foi interposta por Youssou Ndog contra a entidade Asociación Buesma Amistad e, en consecuencia, debo declarar e declaro improcedente o despedimento de que Youssou Ndog foi obxecto con data do 27 de novembro de 2015 e condeno a que a entidade Asociación Buesma Amistad, no prazo de cinco días desde a data de notificación da sentenza, opte entre a readmisión inmediata da demandante, nas mesmas condicións que rexían con anterioridade, con aboamento dos salarios de tramitación desde a data do despedimento ata a notificación desta resolución, que ascenden a 40,50 euros diarios, ou ben o aboamento dunha indemnización por despedimento a razón de 2.338,95 euros.

O aboamento da indemnización determinará a extinción do contrato de traballo, que se entenderá producida na data do cesamento efectivo no traballo.

No suposto de non optar o empresario pola readmisión ou a indemnización, enténdese que procede a primeira.

Que debo desestimar e desestimo a demanda que en materia de despedimento foi interposta por Youssou Ndog contra Antonio F. Sánchez Iglesias, ao cal debo absolver das pretensións formuladas na súa contra.

Notifíqueselles esta resolución ás partes e fágaselles saber o seu dereito de interpor contra ela recurso de suplicación, ante a Sala do Social do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, o cal poderán anunciar por comparecencia ou por escrito ante este xulgado no prazo de cinco días a partir da súa notificación.

Así, por esta miña sentenza, pronúnciao, mándao e asínao a maxistrada xuíza deste xulgado Pilar Carreira Vidal».

Para que lles sirva de notificación en legal forma a Asociación Buesma Amistad e Antonio F. Sánchez Iglesias, en ignorado paradoiro, expido este edicto para a súa inserción no Diario Oficial de Galicia.

Advírteselles aos destinatarios que as seguintes comunicacións se farán fixando copia da resolución ou da cédula no taboleiro de anuncios da oficina xudicial, salvo no suposto da comunicación das resolucións que sexan autos ou sentenzas, ou cando se trate de emprazamento.

A Coruña, 6 de abril de 2016

A letrada da Administración de xustiza