Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 80 Mércores, 27 de abril de 2016 Páx. 15579

V. Administración de xustiza

Xulgado de Primeira Instancia e Instrución número 1 da Estrada

EDICTO (331/2015).

Demetrio Mato Bartolomé, letrado da Administración de xustiza do Xulgado de Primeira Instancia e Instrución número 1 da Estrada, dou fe e testemuño de que nos autos de xuízo verbal civil 331/2015 consta o que literalmente se pasa a transcribir a seguir como encabezamento e resolución da sentenza:

«Encabezamento:

Vistos por min, Ricardo Antonio López Fernández, xuíz do Xulgado de Primeira Instancia e Instrución número 1, Xulgado de Violencia sobre a Muller da Estrada e o seu partido xudicial, os presentes autos de xuízo verbal seguidos co nº 331/2015 por instancia do procurador dos tribunais Sr. Fernández Somoza, en nome e representación de Jesús Brea Regengo, asistido polo letrado Sr. Palmou Cibeira, contra Jesús Pombo Martínez, declarado en situación de rebeldía procesual,

Resolvo que debo rexeitar e rexeito integramente a demanda presentada polo procurador dos tribunais Sr. Fernández Somoza, en nome e representación de Jesús Brea Regengo contra Jesús Pombo Martínez, declarado en situación de rebeldía procesual e, en consecuencia, absolvo a Jesús Pombo Martínez de todos os pedimentos dirixidos fronte a el.

Que debo condenar e condeno a demandante ao pagamento das custas percibidas.

Incorpórese o orixinal ao libro de sentenzas, con dedución de testemuño que se unirá ás presentes actuacións.

Notifíquese esta resolución ás partes.

Esta resolución é susceptible de recurso de apelación en ambos os dous efectos ante a Audiencia Provincial de Pontevedra, no prazo dos vinte días seguintes contados desde a súa notificación. Para a interposición do recurso deberá de acreditarse, no momento de prepararse o recurso, a consignación do depósito legalmente previsto, na conta de consignacións e depósitos deste xulgado, así como o cumprimento do resto de requisitos legalmente exixidos, baixo apercibimento de non admitir a trámite o recurso.

Así o acordo, mando e asino».

O anteriormente transcrito concorda ben e fielmente co seu orixinal ao que me remito e expido o presente edicto.

A Estrada, 7 de abril de 2016

O letrado da Administración de xustiza