Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 76 Xoves, 21 de abril de 2016 Páx. 14717

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 1 de Santiago de Compostela

EDICTO (1027/2012).

María Teresa Vázquez Abades, letrada da Administración de xustiza do Xulgado do Social número 1 de Santiago de Compostela, fago saber que no procedemento ordinario 1027/2012 deste xulgado do social, seguido por instancia de Antonio Tarela Gallardo contra Jaime Castro Trillo, Jaime Castro Trillo y Otra, S.C. e Soledad Abeijón Perol, sobre reclamación de cantidade, ditouse sentenza o 29.3.2016, cuxa resolución se xunta:

«Que, estimando integramente a demanda interposta por Antonio Tarela Gallardo, contra Jaime Castro Trillo y Otra S.C., Jaime Castro Trillo e Soledad Abeijón Perol, debo condenar e condeno os demandados solidariamente a aboarlle ao demandante a suma de 4.238,47, polos conceptos analizados no feito probado cuarto desta sentenza, máis os xuros por demora previstos no artigo 29.3 do ET respecto da devandita cantidade, devindicados desde a data de presentación da papeleta de conciliación ata a presente resolución e os do artigo 576 da LAC a partir da presente resolución.

No que atinxe á responsabilidade do Fogasa, non procede a súa condena nesta instancia e debe observarse o que resulte da aplicación do artigo 33 do ET.

Notifíquese ás partes a presente resolución e fágaselles saber que fronte a ela cabe recurso de suplicación para ante a Sala do Social do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, no prazo de cinco días contados desde o seguinte ao da súa notificación».

E para que sirva de notificación en legal forma a Jaime Castro Trillo, Jaime Castro Trillo y Otra, S.C. e Soledad Abeijón Perol, en ignorado paradoiro, expido a presente para a súa inserción no Diario Oficial de Galicia.

Advírtese aos destinatarios que as seguintes comunicacións se farán fixando copia da resolución ou da cédula no taboleiro de anuncios da oficina xudicial, salvo o suposto da comunicación das resolucións que deban revestir forma de auto ou sentenza, ou cando se trate de emprazamento.

Santiago de Compostela, 1 de abril de 2016

A letrada da Administración de xustiza