Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 76 Xoves, 21 de abril de 2016 Páx. 14715

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 4 de Pontevedra

EDICTO (32/2016).

BLanca Susana Janeiro Amela, letrada da Administración de xustiza do Xulgado do Social número 4 de Pontevedra, fago saber que no procedemento de execución de títulos xudiciais 32/2016 deste xulgado do social, seguidos por instancia de María José Carracelas Acuña contra a empresa Mar de Noruega, S.L., Frimarsan, S.L., Frigoríficos de Mourente, S..L, sobre ordinario, se ditou a seguinte resolución cuxa parte dispositiva se achega:

«Dispoño despachar orde xeral de execución de sentenza, con data do 25.1.2016, a favor da parte executante, María José Carracelas Acuña, fronte a Mar de Noruega, S.L., Frimarsan, S.L., Frigoríficos de Mourente, S.L., parte executada, en forma solidaria, coa intervención do Fogasa, por importe de 3.851,78 euros en concepto de principal, máis outros 385,17 euros que se fixan provisionalmente en concepto de xuros que, se é o caso, se poidan percibir durante a execución e as custas desta, sen prexuízo da súa posterior liquidación.

Non procede despachar execución fronte á executada Elaborados Santamar, S.L., por encontrarse en situación de concurso no procedemento 208/2011 seguido ante o Xulgado do Mercantil número 2 de Pontevedra.

O presente auto, xunto co decreto que ditará o/a secretario/a xudicial, e copia da demanda executiva, serán notificados simultaneamente á parte executada, tal e como dispón o artigo 553 da LAC, quedando a executada apercibida para os efectos mencionados nos razoamentos xurídicos terceiro e cuarto desta resolución, e conforme dispoñen os artigos 251.2 e 239.3 da LXS.

Contra este auto poderase interpoñer recurso de reposición, que se interpoñerá ante este órgano xudicial, no prazo dos tres días hábiles seguintes ao da súa notificación, no que ademais de alegar as posibles infraccións en que puidese incorrer a resolución e o cumprimento ou incumprimento dos presupostos e requisitos procesuais exixidos, se poderá deducir a oposición á execución despachada, aducindo pagamento ou cumprimento documentalmente xustificado, prescrición da acción executiva ou outros feitos impeditivos, extintivos ou excluíntes da responsabilidade que se pretenda executar, sempre que tiveren acaecido con posterioridade á súa constitución do título, non sendo a compensación e débedas admisible como causa de oposición á execución.

Acordo en cumprimento do requisito que se contén no artigo 276.3 e previo á estimación na presente executoria da pervivencia da declaración de insolvencia da parte executada Mar de Noruega, S.L., Frimarsan, S.L., Frigoríficos de Mourente, S.L., dar audiencia previa á parte demandante María José Carracelas Acuña e ao Fondo de Garantía Salarial, por remate de quince días para que poidan sinalar a existencia de novos bens, e do seu resultado acordarase o procedente.

E para que sirva de notificación en legal forma a Mar de Noruega, S.L., Frimarsan, S.L., Frigoríficos de Mourente, S.L., en ignorado paradoiro, expido a presente para a súa inserción no Diario Oficial de Galicia».

Advírtese á destinataria que as seguintes comunicacións se farán fixando copia da resolución ou da cédula no taboleiro de anuncios da oficina xudicial, salvo o suposto da comunicación das resolucións que deban revestir forma de auto ou sentenza, ou cando se trate de localización.

Pontevedra, 1 de abril de 2016

A letrada da Administración de xustiza