Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 76 Xoves, 21 de abril de 2016 Páx. 14714

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 5 da Coruña

EDICTO (1188/2014).

María Jesús Hernando Arenas, letrada da Administración de xustiza do Xulgado do Social número 5 da Coruña, fago saber que no procedemento ordinario 1188/2014 deste xulgado do social, seguido por instancia de Soledad Amelia Fernández Obanza Windscheid contra Limco Sociedad Cooperativa Gallega, sobre reclamación de cantidade procedemento ordinario, se ditou sentenza cuxa decisión di:

«Que debo estimar e estimo a demanda que en materia de cantidade foi interposta por Soledad Amelia Fernández Obanza Windscheid, contra á entidade Limco Sociedad Cooperativa Gallega e, en consecuencia, debo condenar e condeno a entidade Limco Sociedad Cooperativa Gallega, a que aboe á demandante a cantidade de 789,46 € brutos, por salarios percibidos no mes de agosto e setembro de 2013, incrementadas no xuros do 10 % por demora e aplicable aos conceptos salariais.

Coa intervención procesual do Fondo de Garantía Salarial.

Notifíquese a presente resolución ás partes facéndolles saber que contra esta non cabe interpoñer recurso ningún.

Así, por esta miña sentenza, pronúnciaa, mándaa e asínaa eu, Pilar Carreira Vidal maxistrada xuíza deste xulgado.

E para que sirva de notificación en legal forma á empresa Limco Sociedad Cooperativa Gallega, en ignorado paradoiro, expido o presente para a súa inserción no Boletín Oficial de Galicia».

Advírteselle á destinataria que as seguintes comunicacións se farán fixando copia da resolución ou da cédula no taboleiro de anuncios da oficina xudicial, salvo o suposto da comunicación das resolucións que deban revestir forma de auto ou sentenza, ou cando se trate de localización.

A Coruña, 1 de abril de 2016

A letrada da Administración de xustiza