Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 76 Xoves, 21 de abril de 2016 Páx. 14712

V. Administración de xustiza

Xulgado de Primeira Instancia número 1 de Santiago de Compostela

EDICTO (450/2015).

Neste órgano xudicial tramítase procedemento ordinario 448/2013, seguido por instancia de BMW Bank GMBH Sucursal en España, contra Marfur Obras y Reformas, S.L., en que, por Resolución do 3 de decembro de 2015, se acordou publicar o seguinte:

«Sentenza nº 160/2015

Maxistrado xuíz: Jorge Martínez Vázquez

Demandante: BMW Bank GMBH Sucursal en España

Procurador: Sr. García-Piccoli Atanes

Avogado: Sr. Rodríguez-Gigirey Pérez

Demandada: Marfur Obras y Reformas, S.L. (en rebeldía procesual)

Xuízo ordinario 450/2015, sobre reclamación de cantidade.

En Santiago de Compostela o 3 de decembro de 2015

Decido estimar totalmente a demanda interposta por BMW Bank GMBH Sucursal en España, representada polo Sr. García-Piccoli Atanes, contra Marfur Obras y Reformas, S.L., en rebeldía procesual, e condenar a demandada a aboar á demandante 20.693,01 euros máis os xuros legais que se computarán desde o 29 de abril de 2013, con imposición de custas á demandada.

Notifíquese esta sentenza ás partes, facéndolles saber que contra ela cabe recurso de apelación que, se é o caso, deberá interpoñerse ante este mesmo xulgado dentro dos vinte días seguintes a aquel en que se notifique esta resolución.

Para a interposición do recurso de apelación será necesaria a constitución previa do depósito de 50 euros, que deberá consignarse na conta de depósitos e consignacións do xulgado, debendo xustificarse a consignación no momento de presentar o escrito de interposición. Se o recurso se estima total ou parcialmente restituirase o depósito, que se perderá para sufragar as actividades do Ministerio de Xustiza e de comunidades autónomas en caso de desestimación total. Quedan exentos os que teñan recoñecido o dereito de asistencia xurídica gratuíta, así como o Ministerio Fiscal, as administracións públicas e organismos autónomos.

Lévese o orixinal ao libro de sentenzas.

Por esta a miña sentenza, da que se expedirá testemuño para incorporalo ás actuacións, pronúncioo, mándoo e asínoo, Jorge Martínez Vázquez, maxistrado xuíz deste xulgado».

E encontrándose o devandito demandado, Marfur Obras y Reformas, S.L., en paradoiro descoñecido, expídese o presente co fin de que sirva de notificación en forma a este.

Santiago de Compostela, 22 de febreiro de 2016

José Luis Pérez García
Secretario xudicial