Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 76 Xoves, 21 de abril de 2016 Páx. 14711

V. Administración de xustiza

Xulgado de Primeira Instancia número 4 de Ferrol

EDICTO (1015/2015).

José Miguel Regueiro Pérez, letrado da Administración de xustiza do Xulgado de Primeira Instancia número 4 de Ferrol, fago saber que, en virtude do acordado nos autos de referencia, por medio deste edicto se lle notifica a Alberto Manuel Paz Doce a sentenza ditada en Autos do 22 de febreiro de 2016, cuxa resolución é do teor literal seguinte:

«Debo estimar e estimo a demanda presentada por Alba María Pazos Painceira contra Alberto Manuel Paz Doce e:

(1) Atribúo a garda e custodia da menor (…) á nai, así como lle atribúo o exercicio da patria potestade do artigo 156 do Código civil mentres o pai continúe nesta situación de incumprimento das súas funcións paternais.

(2) Recoñéceselle ao pai un dereito de visitas coa menor no punto de encontro familiar de Ferrol de media hora os mércores e domingos, entre as 18.00 e as 18.30 horas, sistema que comezará unha vez que o pai lle comunique a este tribunal a súa intención de cumprir con el, medida que se toma con obxecto de evitar molestias e falsas expectativas á menor.

De se cumprir durante tres meses con estas visitas, ampliarase a unha hora de visita, logo de informe do punto de encontro familiar.

(3) Fixo a cargo do pai unha contribución de alimentos mensual de 90 euros, que se ingresará os tres primeiros días de cada mes, actualizables á alza conforme o IPC dos 12 meses anteriores, cada 1º de xaneiro, comezando en 2017.

Os gastos extraordinarios serán asumidos por metade sempre que se lle notifiquen previamente ao proxenitor non custodio, salvo nos casos de manifesta urxencia.

(4) Non procede realizar condena en custas».

Ferrol, 31 de marzo de 2016

O letrado da Administración de xustiza