O 9 de marzo de 2016, a xefa territorial da Consellería de Sanidade da Coruña ditou a resolución do expediente sancionador 2015358AL-CO incoado a Casares, S.C.
Intentada a notificación da resolución segundo o disposto no artigo 59.2º da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, ao non ser posible a súa práctica, por medio desta cédula, e segundo o disposto no número 5 do dito artigo, notifícase a Casares, S.C. o contido da referida resolución que figura como anexo para que poida ter coñecemento dela.
Así mesmo, fáiselle saber o dereito que a asiste para interpoñer recurso de alzada ante o conselleiro de Sanidade no prazo dun mes, contado desde o día seguinte ao da publicación desta cédula, segundo establece o artigo 115 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, e lémbraselle o seu dereito a consultar o expediente depositado nas dependencias da xefatura, sita na rúa Durán Loriga, 3, A Coruña e a obter, de ser o caso, copia do expediente, segundo o previsto na letra a) do artigo 35 da citada Lei 30/1992, do 26 de novembro.
No caso de estar de acordo co contido desta resolución, o aboamento voluntario da sanción poderá facerse no seguinte prazo: 1) as notificadas entre os días 1 e 15 de cada mes, desde a data da notificación ata o día 20 do mes posterior ou, se este non for hábil, ata o inmediato día hábil seguinte, e 2) as notificadas entre os días 16 e último de cada mes, desde a data da notificación ata o día 5 do segundo mes posterior ou, se este non for hábil, ata o inmediato día hábil seguinte; mediante o ingreso que poderá efectuar en calquera entidade bancaria colaboradora, empregando os impresos normalizados que se lle facilitarán nas dependencias da xefatura territorial.
Esta cédula expídese para que conste e lle sirva de notificación á interesada, en cumprimento co disposto no artigo 59.5º da Lei 30/1992, do 26 de novembro, modificado pola Lei 15/2014, do 16 de setembro (BOE nº 226, do 17 de setembro).
A Coruña, 30 de marzo de 2016
A xefa territorial da Coruña
P.A. (Artigo 19.3 do Decreto 41/2013, do 21 de febreiro)
Marta Gil Pérez
Xefa do Servizo de Xestión da Coruña
ANEXO
Nº expediente: 2015358AL-CO.
Interesada: Casares, S.C.
DNI/NIF/CIF: J70370697.
Derradeiro enderezo coñecido: avenida Rosalía de Castro, 71, 1º A, 15895 Ames.
Feito imputado: infracción da lexislación aplicable en materia sanitaria.
Normativa infrinxida:
– Regulamento (CE) 852/2004, do 29 de abril, do Parlamento Europeo e do Consello, relativo á hixiene dos produtos alimenticios (DO nº 139, do 30 de abril de 2004; rectif. DO nº 204, do 4 agosto de 2007).
– Lei 17/2011, do 5 de xullo, de seguridade alimentaria e nutrición (BOE nº 160, do 6 de xullo de 2011).
– Regulamento (CE) 853/2004, do 29 de abril, do Parlamento Europeo e do Consello, sobre normas específicas de hixiene dos alimentos de orixe animal (DOUE do 30.4.2004).
– Regulamento (CE) 178/2002 da Comisión, do 28 de xaneiro, polo que se establecen os principios e os requisitos xerais da lexislación alimentaria, se crea a Autoridade Europea de Seguridade Alimentaria e se fixan procedementos relativos á seguridade alimentaria (DOUE núm. 31, do 1 de febreiro de 2002).
– Real decreto 191/2011, do 18 de febreiro, sobre Rexistro Xeral Sanitario de Empresas Alimentarias e Alimentos (BOE nº 57, do 8 marzo de 2011).
– Real decreto 1376/2003, do 7 de novembro, polo que se establecen as condicións sanitarias de produción, almacenamento e comercialización das carnes frescas e os seus derivados nos establecementos de comercio polo miúdo (BOE nº 273, do 14 de novembro do 2003).
Tipificación: leve.
Sanción imposta: 1.200 €.
Ademais, transcorrido o prazo dun mes sen que se interpoña o devandito recurso esta resolución será executiva, polo que en aplicación do artigo 72.4 da Lei 30/1992, modificada pola Lei 4/1999, a medida preventiva de suspensión temporal da actividade nº 29/15 quedaría extinguida.