Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 75 Mércores, 20 de abril de 2016 Páx. 14527

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Sanidade

CÉDULA do 30 de marzo de 2016, da Dirección Xeral de Saúde Pública, pola que se notifica a resolución do recurso de alzada do expediente sancionador 2014125AM-LU, por infracción en materia sanitaria.

O 24 de febreiro de 2016, o conselleiro de Sanidade ditou resolución do recurso de alzada do expediente sancionador nº 2014125AM-LU incoado na Xefatura Territorial de Lugo a Camping Vila de Sarria, S.L.L., como titular do establecemento Camping Vila de Sarria.

Intentada a notificación deste acordo segundo o disposto no artigo 59 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, e ao non ser posible a súa práctica, por medio desta cédula, e segundo o disposto no número 5 do referido artigo, notifícaselle a Camping Vila de Sarria, S.L.L., como titular do establecemento Camping Vila de Sarria o contido da dita resolución que figura como anexo, para que poida ter coñecemento del.

Así mesmo, fáiselle saber o dereito que a asiste para interpor recurso contencioso-administrativo ante o xulgado competente no prazo de dous meses, contados desde o día seguinte ao da publicación da presente cédula, segundo o disposto no artigo 46 da Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdición contencioso-administrativa, e lémbrase o seu dereito a consultar o expediente, depositado nas dependencias dos servizos centrais, no Servizo Técnico Xurídico (Secretaría Xeral Técnica), situado no 3º andar do Edificio Administrativo San Lázaro, en Santiago de Compostela e obter, se é o caso, copia del, segundo o previsto na letra a) do artigo 35 da citada Lei 30/1992, do 26 de novembro.

Esta cédula expídese para que conste e lle sirva de notificación a interesada, en cumprimento do disposto no artigo 59.5 da xa citada Lei 30/1992, do 26 de novembro. Así mesmo, faise constar que a eficacia da notificación quedará supeditada á súa publicación no taboleiro de edictos único (TEU) do Boletín Oficial del Estado (BOE).

Santiago de Compostela, 30 de marzo de 2016

Sonia Martínez Arca
Directora xeral de Saúde Pública

ANEXO

Nº de expediente: 2014125AM-LU.

Denunciada: Camping Vila de Sarria, S.L.L., como titular do establecemento Camping Vila de Sarria.

Documento de identificación: B27298687.

Último enderezo coñecido: lugar de Pintín, 1, 27600 Sarria (Lugo).

Feito imputado: infracción en materia sanitaria.

Preceptos infrinxidos: Real decreto 865/2003, do 4 de xullo, polo que se establecen os criterios hixiénicos-sanitarios para a prevención e control da lexionelose, nos artigos seguintes: artigo 7.1.b) e artigo 8.1.e) en relación co previsto nos artigos 8.1.b), 8.1.c), 8.1.d) e nos anexos 3 A a) e 3 B.

Tipificación: grave segundo o artigo 14.2.d) do Real decreto 865/2003, do 4 de xullo.

Resolución: desestimatoria do recurso.