Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 75 Mércores, 20 de abril de 2016 Páx. 14531

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Sanidade

CÉDULA do 30 de marzo de 2016, da Xefatura Territorial da Coruña, pola que se notifica a proposta de resolución do expediente sancionador 2015360TA-CO, por infraccións en materia sanitaria.

O 9 de marzo de 2016, o/a instrutor/a do procedemento ditou proposta de resolución do expediente sancionador nº 2015360TA-CO incoado na Xefatura Territorial da Consellería de Sanidade da Coruña a María Carmen Fariña Vilela.

Intentada a notificación da proposta de resolución segundo o disposto no artigo 59.2 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, e ao non ser posible a súa práctica, por medio desta cédula e ao abeiro do disposto no número 5 do devandito artigo, notifícaselle a María Carmen Fariña Vilela o contido da dita proposta de resolución, que figura como anexo, para que poida ter coñecemento dela.

Así mesmo, fáiselle saber o dereito que a asiste ao abeiro do disposto no número 1 do artigo 19 do Real decreto 1398/1993, do 4 de agosto, polo que se aproba o Regulamento para o exercicio da potestade sancionadora, para presentar alegacións ante a xefatura territorial no prazo de 15 días hábiles, contados desde o seguinte ao da publicación desta cédula, e lémbrase o seu dereito a consultar o expediente depositado nas dependencias da xefatura, sita na rúa Durán Loriga, nº 3, A Coruña e a obter, se é o caso, copia do expediente, segundo o previsto na letra a) do artigo 35 da Lei 30/1992, do 26 de novembro.

Esta cédula expídese para que conste e lle sirva de notificación ao/á interesado/a, en cumprimento co disposto no artigo 59.5 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, modificado pola Lei 15/2014, do 16 de setembro (BOE nº 226, do 17 de setembro).

A Coruña, 30 de marzo de 2016

A xefa territorial da Coruña
P.A. (Artigo 19.3 do Decreto 41/2013, do 21 de febreiro)
Marta Gil Pérez
Xefa do Servizo de Xestión da Coruña

ANEXO

Nº de expediente: 2015360TA-CO.

Interesada: María Carmen Fariña Vilela (Mesón Cafe O Largo).

DNI/NIF/CIF: 76338025J.

Derradeiro enderezo coñecido: rúa Marconi, nº 23, PO1B, 15002 A Coruña.

Feito imputado: infracción da lexislación aplicable en materia sanitaria.

Normativa infrinxida: Lei 28/2005, do 26 de decembro, de medidas sanitarias fronte ao tabaquismo e reguladora da venda, a subministración, o consumo e a publicidade dos produtos do tabaco, modificada pola Lei 42/2010, do 30 de decembro.

Tipificación provisional: grave.

Sanción proposta: 601 €.