Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 75 Mércores, 20 de abril de 2016 Páx. 14533

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Sanidade

CÉDULA do 30 de marzo de 2016, da Xefatura Territorial da Coruña, pola que se notifica a resolución do expediente sancionador 2015298AL-CO, por infraccións en materia sanitaria.

O 9 de marzo de 2016, a xefa territorial da Consellería de Sanidade da Coruña ditou a resolución do expediente sancionador 2015298AL-CO incoado a José María Muíño Rey.

Intentada a notificación da resolución segundo o disposto no artigo 59.2 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, e ao non ser posible a súa práctica, por medio desta cédula, e segundo o disposto no número 5 do dito artigo, notifícaselle a José María Muíño Rey o contido da referida resolución que figura como anexo para que poida ter coñecemento dela.

Así mesmo, fáiselle saber o dereito que o asiste para interpoñer recurso de alzada ante o conselleiro de Sanidade no prazo dun mes, contado desde o día seguinte ao da publicación desta cédula, segundo establece o artigo 115 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, e lémbrase o seu dereito a consultar o expediente depositado nas dependencias da xefatura, sita na rúa Durán Loriga, nº 3, A Coruña e a obter, de ser o caso, copia do expediente, segundo o previsto na letra a) do artigo 35 da citada Lei 30/1992, do 26 de novembro.

No caso de estar de acordo co contido desta resolución, o aboamento voluntario da sanción poderá facerse no seguinte prazo: 1) as notificadas entre os días 1 e 15 de cada mes, desde a data da notificación ata o día 20 do mes posterior ou, se este non for hábil, ata o inmediato día hábil seguinte, e 2) as notificadas entre os días 16 e último de cada mes, desde a data da notificación ata o día 5 do segundo mes posterior ou, se este non for hábil, ata o inmediato día hábil seguinte; mediante o ingreso que poderá efectuar en calquera entidade bancaria colaboradora, empregando os impresos normalizados que se lle facilitarán nas dependencias da xefatura territorial.

Esta cédula expídese para que conste e lle sirva de notificación ao/á interesado/a, en cumprimento co disposto no artigo 59.5 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, modificado pola Lei 15/2014, do 16 de setembro (BOE nº 226, do 17 de setembro).

A Coruña, 30 de marzo de 2016

A xefa territorial da Coruña
P.A. (Artigo 19.3 do Decreto 41/2013, do 21 de febreiro)
Marta Gil Pérez
Xefa do Servizo de Xestión da Coruña

ANEXO

Nº de expediente: 2015298AL-CO.

Interesada: José María Muíño Rey (Restaurante Santiaguiño).

DNI/NIF/CIF: 76338969Z.

Derradeiro enderezo coñecido: rúa Franco, nº 29, 15704 Santiago de Compostela.

Feito imputado: infracción da lexislación aplicable en materia sanitaria.

Normativa infrinxida:

– Real decreto 3484/2000, do 29 de decembro, sobre normas de hixiene para a elaboración, distribución e comercio de comidas preparadas (BOE nº 11, do 12 de xaneiro de 2001).

– Regulamento (CE) 178/2002 da Comisión, do 28 de xaneiro, polo que establecen os principios e os requisitos xerais da lexislación alimentaria, crea a Autoridade Europea de Seguridade Alimentaria e fixa procedementos relativos á seguridade alimentaria (DOUE nº 31, do 1 de febreiro).

– Regulamento (CE) 852/2004, do Parlamento Europeo e do Consello, do 29 de abril, relativo á hixiene dos produtos alimenticios (DO nº 139, do 30 de abril; rectif. DO nº 204, do 4 agosto de 2007).

– Lei 17/2011, do 5 de xullo, de seguridade alimentaria e nutrición (BOE nº 160, do 6 de xullo).

– Regulamento (UE) 1169/2011, do 25 de outubro (DO nº L 304, do 22 de novembro), sobre a información alimentaria facilitada ao consumidor.

Tipificación: leve.

Sanción imposta: 300 €.