Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 75 Mércores, 20 de abril de 2016 Páx. 14535

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Política Social

RESOLUCIÓN do 6 de abril de 2016 pola que se anuncia a licitación, por procedemento aberto e trámite ordinario, da contratación administrativa especial, en trece lotes, da execución da programación das actividades de educación non formal da Campaña de Verán 2016, documentalmente simplificada (expediente 8/2016).

1. Entidade adxudicadora:

a) Organismo: Consellería de Política Social.

b) Dependencia que tramita o expediente: Dirección Xeral de Xuventude, Participación e Voluntariado.

c) Obtención de documentación e información:

1. Información de índole administrativa: na Dirección Xeral de Xuventude, Participación e Voluntariado da Consellería de Política Social, sita no Edificio Administrativo de San Lázaro, 3ª planta, Santiago de Compostela (CP 15781), teléfono: 981 54 48 53, fax: 881 99 96 67.

2. Información de índole técnica: nos respectivos servizos de xuventude e voluntariado das xefaturas territoriais que correspondan segundo o lugar de execución do lote, sendo os números de teléfono os que a seguir se indican:

– A Coruña: 881 88 12 36.

– Lugo: 982 29 43 46.

– Ourense: 988 38 61 12.

– Vigo: 986 81 70 48.

3. Enderezo da internet do perfil do contratante:

http://www.contratosdegalicia.es/resultado.jsp?N=25912

a) Data límite da obtención da documentación e información: ata a data límite de presentación das ofertas, todos os días laborables, agás sábados, das 9.00 ás 14.00 horas.

b) Número de expediente: 8/2016.

2. Obxecto do contrato:

a) Tipo: contratación administrativa especial.

b) Descrición: o seu obxecto é a execución da programación das actividades de educación non formal, entendidas como o conxunto de actividades xuvenís de carácter cultural, ambiental, deportivo, de tempo libre, de voluntariado e outras vinculadas á temática concreta de cada campamento, correspondente, á Campaña de Verán 2016, nas diversas instalacións dependentes da Dirección Xeral de Xuventude, Participación e Voluntariado.

c) División por lotes e número:

Lote núm. 1: albergue xuvenil Mariña Española (Bergondo).

Lote núm. 2: albergue xuvenil Gandarío (Bergondo)

Lote núm. 3: campamento xuvenil Espiñeira (Boiro).

Lote núm. 4: campamento xuvenil Virxe de Loreto (Porto do Son).

Lote núm. 5: campamento xuvenil de Furelos (Melide).

Lote núm. 6: albergue xuvenil de Area (Viveiro).

Lote núm. 7: albergue xuvenil Benigno Quiroga (Portomarín).

Lote núm. 8: campamento xuvenil A Devesa (Ribadeo).

Lote núm. 9: campamento xuvenil Os Chacotes (Palas de Rei).

Lote núm. 10: campamento xuvenil Penedos de Xacinto (Entrimo).

Lote núm. 11: albergue xuvenil As Sinas (Vilanova de Arousa).

Lote núm. 12: campamento de Pontemaril (Forcarei).

Lote núm. 13: campamento da Illa de Ons (Bueu).

d) Lugar de execución: o que se indica para cada un dos lotes.

e) Prazo de execución: o prazo total de execución será do 16 de xuño ao 12 de setembro de 2016, segundo os prazos parciais definidos nos pregos de prescricións técnicas para cada lote.

f) Admisión de prórroga: non.

g) CPA: 93.29.29.

3. Tramitación e procedemento de adxudicación:

a) Tramitación: ordinaria.

b) Procedemento: aberto.

c) Criterios de adxudicación: ver prego.

4. Orzamento base de licitación: o orzamento máximo da licitación, dividido nos lotes que se especifican a continuación, ascende á cantidade de novecentos oitenta e tres mil novecentos euros (983.900,00 €), ao que se lle engaden noventa e oito mil trescentos noventa euros (98.390,00 €) en concepto de IVE (10 %), polo que o importe total do expediente de gasto é de un millón oitenta e dous mil douscentos noventa euros (1.082.290,00 €).

Lote núm. 1: 80.600,00 €, máis 8.060,00 € correspondentes ao IVE.

Lote núm. 2: 100.000,00 €, máis 10.000,00 € correspondentes ao IVE.

Lote núm. 3: 69.300,00 €, máis 6.930,00 € correspondentes ao IVE.

Lote núm. 4: 76.800,00 €, máis 7.680,00 € correspondentes ao IVE.

Lote núm. 5: 55.100,00 €, máis 5.510,00 € correspondentes ao IVE.

Lote núm. 6: 81.100,00 €, máis 8.110,00 € correspondentes ao IVE.

Lote núm. 7: 53.200,00 €, máis 5.320,00 € correspondentes ao IVE.

Lote núm. 8: 97.500,00 €, máis 9.750,00 € correspondentes ao IVE

Lote núm. 9: 56.100,00 €, máis 5.610,00 € correspondentes ao IVE.

Lote núm. 10: 57.600,00 €, máis 5.760,00 € correspondentes ao IVE.

Lote núm. 11: 90.000,00 €, máis 9.000,00 € correspondentes ao IVE.

Lote núm. 12: 120.500,00 €, máis 12.050,00 € correspondentes ao IVE.

Lote núm. 13: 46.100,00 €, máis 4.610,00 € correspondentes ao IVE.

5. Garantías: exixidas

a) Provisional: 2 % do orzamento de licitación dos lotes aos que se concorra, excluído o IVE.

a) Definitiva: 5 % do importe de adxudicación dos lotes correspondentes, excluído o IVE.

6. Requisitos específicos do contratista:

a) Clasificación: non se exixe.

b) Solvencia económica e financeira e técnica ou profesional: ver prego de cláusulas administrativas particulares.

7. Presentación de ofertas:

a) Data límite de presentación: quince (15) días naturais contados desde o día seguinte ao da publicación deste anuncio no Diario Oficial de Galicia.

b) Lugar de presentación: oficina do Rexistro Xeral e Información á Cidadanía da Xunta de Galicia, Edificio Administrativo de San Caetano, 15781, Santiago de Compostela. Cando as proposicións se envíen por correo o licitador deberá xustificar a data de imposición do envío na oficina de Correos e anunciarlle ao órgano de contratación a remisión da oferta mediante fax (881 99 96 67), ou telegrama, no mesmo día. A presentación das proposicións en lugar distinto do sinalado será causa de rexeitamento ou exclusión.

b) Admisión de variantes: non.

c) Prazo durante o que o licitador estará obrigado a manter a súa oferta: dous meses contados desde a data de apertura das proposicións.

8. Apertura de ofertas:

a) Dirección: Edificio Administrativo de San Lázaro, s/n.

b) Localidade: Santiago de Compostela.

c) Data e hora: terá lugar en acto público, na Sala de Xuntas do Edificio Administrativo San Lázaro (Santiago de Compostela), na data e hora que será anunciada con tres días hábiles de antelación no perfil do contratante http://www.contratosdegalicia.es/

9. Gastos de publicidade: o importe deste anuncio será por conta do/s adxudicatario/s do contrato.

Santiago de Compostela, 6 de abril de 2016

O conselleiro de Política Social
P.D.(Artigo 1 da Orde do 3.3.2016)
Francisco Javier Abad Pardo
Secretario xeral técnico da Consellería de Política Social