Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 74 Martes, 19 de abril de 2016 Páx. 14279

V. Administración de xustiza

Xulgado de Primeira Instancia número 4 de Ferrol

EDICTO (247/2014).

No procedemento do xuízo ordinario nº 247/2014 ditouse sentenza, cun encabezamento e decisión do teor literal seguinte:

«Sentenza:

Xuíz que a dita: maxistrado xuíz Tudela Guerrero.

Lugar: Ferrol.

Data: nove de decembro de dous mil quince.

Demandante: María del Carmen de la Fuente Díaz.

Avogada: Emma González Álvarez.

Procuradoa: Mónica García Montero.

Demandados: María Socorro Balsa Cobas, Francisco José Balsa Rodríguez, María Olga Balsa Rodríguez, María Victoria Balsa Cobas, Eduardo Rodríguez de la Cal.

Avogados: Díaz Sante. Porto Dovalo. Díaz Varela.

Procuradoras: Ana Belén Seco Lamas, Berta Sobrino Nieto.

Procedemento: procedemento ordinario 247/2014.

Decido que debo estimar e estimo íntegramente a demanda presentada por María del Carmen Fuente Díaz frente a María Socorro Balsa Cobas, Francisco José Balsa Rodríguez, María Olga Balsa Rodríguez, María Victoria Balsa Cobas, Eduardo Rodríguez de la Cal e:

(1) Procede declarar a nulidade por vicio do consentimento das disposicións testamentarias otorgadas por Antonio Balsa Cobas os días 27.1.2012 e 8.2.2012 na notaría do notario de Ferrol Pedro Luis García de los Huertos Vidal.

(2) As custas da demandante son impostas aos demandados e as xeradas a Eduardo Rodríguez de la Cal, serán asumidas por quen o chamou ao procedemento, María Socorro Balsa Cobas, e queda igualmente eximido aquel do pagamento das custas da demandante.

Modo de impugnación. Recurso de apelación, que se interporá ante o tribunal que ditase a resolución que se impugne dentro do prazo de vinte días contados desde o día seguinte ao da notificación daquela.

O dito recurso carecerá de efectos suspensivos, sen que en ningún caso proceda actuar nun sentido contrario ao resolto (artigo 456.2 LAC).

Conforme a disposición adicional décimo quinta da LOPX, para a admisión do recurso deberase acreditar a constitución, na conta de depósitos e consignacións deste órgano, dun depósito de 50 euros, salvo que o recorrente sexa beneficiario de xustiza gratuita, o Ministerio Fiscal, o Estado, comunidade autónoma, entidade local ou organismo autónomo dependente.

O depósito deberá constituílo ingresando a citada cantidade no Banesto na conta deste expediente 1559 0000 indicando, no campo “concepto” a indicación “recurso” seguida do código “02 civil-apelación”. Se o ingreso se fai mediante transferencia bancaria deberá incluír, tras a conta referida, separados por un espazo a indicación “recurso” seguida do código “02 civil-apelación”

No caso de que deba realizar outros pagamentos na mesma conta, deberá verificar un ingreso por cada concepto, mesmo se obedecen a outros recursos da mesma ou distinta clase e, neste caso indicará no campo “observacións” a data da resolución impugnada co formato dd/mm/aaaa.

Así por esta a miña sentenza o pronuncio, mando e asino.

O Xuíz».

E para que sirva de notificación en legal forma a María Victoria Balsa Cobas, expídese o presente edicto.

Ferrol, 5 de abril de 2016

O letrado da Administración de xustiza