Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 74 Martes, 19 de abril de 2016 Páx. 14281

V. Administración de xustiza

Xulgado de Primeira Instancia número 7 de Vigo

EDICTO (892/2013).

Francisco Rascado Gonzalez, secretario xudicial do Xulgado Primeira Instancia número 7 de Vigo, fago saber que en virtude do acordado nos autos de referencia, e de conformidade co disposto nos artigos 156.4 e 164 da LAC polo presente notifícase a Grey Whale, S.A., en ignorado paradoiro, sentenza ditada con data do 25 de novembro de 2014, do teor literal seguinte:

«Sentenza: 00208/2014.

Sentenza.

Xuíz que a dita: maxistrada Lomo del Olmo.

Lugar: Vigo.

Data: 25 de novembro de 2014.

Demandante: Penélope Domínguez García e Francisco José Parreño Agulló.

Avogado/a: Daniel Adán Borras Díaz de Rábago.

Procurador/a: Andrea Estévez Santoro.

Demandado: Grey Whale, S.A.

Procedemento: procedemento ordinario 892/2013.

Antecedentes de feito.

Primeiro. Que a citada representación da parte demandante, formulou demanda consonte as prescricións legais, na cal solicitaba, logo de alegar os feitos e fundamentos de dereito, que se ditase sentenza nos termos contidos no seu suplico.

Segundo. Que, admitida a trámite, se dispuxo o emprazamento da parte demandada para que, no termo legal, comparecer en autos asistida de avogado e procurador e contestase, o cal verificou en tempo e forma, mediante a presentación de escrito de contestación á demanda, consonte as prescricións legais.

Terceiro. Citadas as partes a unha audiencia previa e posteriormente a xuízo, celebráronse estes co resultado que figura en autos.

Cuarto. Que na tramitación do presente xuízo se observaron as prescricións legais.

Fallo que estimando a demanda promovida pola procuradora Andrea Estévez Santoro, en nome e representación de Francisco José Parreño Agulló e Penélope Domínguez García fronte á mercantil Grey Whale, S.A., debo condenar e condeno a esta a aboarlles a cantidade de 365 € máis os xuros legais correspondentes desde a data da presente resolución, con imposición das custas causadas.

Modo de impugnación: contra esta sentenza cabe recurso de apelación dentro dos vinte días seguintes ao da súa notificación, que se interpoñerá ante este órgano xudicial.

Conforme a D.A. décimo quinta da LOPX, para a admisión do recurso deberase acreditar constituíu, na conta de depósitos e consignacións deste órgano, un depósito de 50 euros, salvo que o recorrente sexa beneficiario de xustiza gratuíta, o Ministerio Fiscal, o Estado, comunidade autónoma, entidade local ou organismo autónomo dependente.

O depósito deberá constituílo ingresando a citada cantidade no Banesto, na conta deste expediente 3561-0000-, indicando no campo “concepto”, a indicación “Recurso” seguida do código “02 Civil-Apelación”.

Se o ingreso se fai mediante transferencia bancaria deberá incluír, tras a conta referida, separados por un espazo, a indicación “recurso” seguida do código “02 Civil-Apelación”.

No caso de que deba realizar outros pagamentos na mesma conta, deberá verificar un ingreso por cada concepto, mesmo se obedecen a outros recursos da mesma ou distinta clase indicando, neste caso, no campo observacións a data da resolución impugnada co formato dd/mm/aaaa.

Así, por esta a miña sentenza, pronúncioo, mándoo e asínoo.

A maxistrada/xuíza».

Publicación. Lida e publicada foi a anterior sentenza pola xuíza que a subscribe, en audiencia pública no mesmo día da súa data, do que dou fe en Vigo.

Vigo, 7 de xaneiro de 2016

O secretario xudicial