Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 74 Martes, 19 de abril de 2016 Páx. 14278

V. Administración de xustiza

Xulgado de Primeira Instancia número 13 da Coruña

EDICTO (477/2015-B).

Eu, Mónica Rubia López, secretaria xudicial do Xulgado de Primera Instancia número 13 da Coruña, polo presente,

Anuncio:

Que no presente procedemento de xuízo ordinario 477/2015-B seguido por instancia de Lucía Rodríguez Echevarría fronte a Amelia Teresita Martínez Pereira, se ditou sentenza con data do 14.3.2016.

E encontrándose Amelia Teresita Martínez Pereira en paradoiro descoñecido, expídese o presente co fin de que sirva de notificación en forma a este, indicándose que o interesado se poderá dirixir a esta Oficina do Xulgado de Primeira Instancia número 13 da Coruña, en que se tramita o procedemento, co fin de ter coñecemento íntegro do acto.

Así mesmo, faise constar que contra a devandita resolución cabe interpoñer recurso de apelación no prazo de vinte días.

A Coruña, 22 de marzo de 2016

A secretaria xudicial