Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 74 Martes, 19 de abril de 2016 Páx. 14276

V. Administración de xustiza

Audiencia Provincial. Sección 5ª Civil da Coruña

EDICTO de notificación de sentenza (RPL 260/2013).

Eu, Ana Belén Jorge Rogel, secretaria xudicial da Sección Quinta da Audiencia Provincial da Coruña, fago saber que na peza de apelación que se dirá foi pronunciada sentenza con data do 8 de abril de 2014 cuxo encabezamento e parte dispositiva é do teor literal seguinte:

Sentenza: 95/2014

Peza: 260/13

Proc. orixe: xuízo verbal civil por razón de contía núm. 641/12

Xulgado de procedencia: Xulgado de Primeira Instancia número 5 da Coruña

A Sección Quinta da Audiencia Provincial da Coruña, constituída en tribunal unipersoal, pronunciou en nome do rei a seguinte:

«Sentenza nº 95/2014

Maxistrado: Julio Tasende Calvo

A Coruña, oito de abril de dous mil catorce.

No recurso de apelación civil número 260/13, interposto contra a sentenza ditada polo Xulgado de Primeira Instancia número 5 da Coruña, en xuízo verbal civil por razón de contía núm. 641/12, sobre reclamación de cantidade, sendo a contía do procedemento 5.227,54 euros, seguido entre partes, como apelante, Aurelio Agra Videla, representado polo/a procurador/a Sr/a. Miranda Osset; como apelado, José Fernández García, representado polo/a procurador/a Sr/a. Vázquez Couceiro, e como parte declarada en rebeldía Claudio Hernán Martínez Sánchez.

(Seguen antecedentes de feito e fundamentos xurídicos)

Resolución

Revogando en parte a sentenza ditada polo Xulgado de Primeira Instancia número 5 da Coruña, no xuízo verbal civil núm. 641/12, debemos condenar e condenamos os demandados a pagaren ao demandante a cantidade de 3.995,65 euros e mantemos en todo o demais a sentenza apelada, sen facer especial imposición das custas procesuais causadas na presente instancia.

Así o pronuncio, mando e asino por esta a miña sentenza».

E para que conste e sirva para a inserción no Diario Oficial de Galicia (DOG) co obxecto de notificar a parte declarada en rebeldía Claudio Hernán Martínez Sánchez, expido e asino este edicto. Dou fe.

A Coruña, 31 de marzo de 2016

A secretaria xudicial