Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 74 Martes, 19 de abril de 2016 Páx. 14274

V. Administración de xustiza

Audiencia Provincial. Sección 5ª Civil da Coruña

EDICTO (RPL 508/2013).

Eu, Ana Belén Jorge Rogel, secretaria xudicial da Sección Quinta da Audiencia Provincial da Coruña, fago saber que na peza de apelación que se dirá se ditou Sentenza con data do 18 de xuño de 2015, cuxo encabezamento e parte dispositiva son do teor literal seguinte:

«Sentenza: 228/2015

Peza: 508/2013

Proc. de orixe: xuízo ordinario nº 1198/08

Xulgado de procedencia: Xulgado de Primeira Instancia número 3 de Ferrol

A Sección Quinta da Audiencia Provincial da Coruña pronunciou en nome do rei a seguinte:

«Sentenza nº 228/2015.

Maxistrados:

Manuel Conde Núñez

Julio Tasende Calvo

Carlos Fuentes Candelas

A Coruña, 18 de xuño de 2015.

No recurso de apelación civil número 508/2013, interposto contra a sentenza ditada polo Xulgado de Primeira Instancia número 3 de Ferrol, en xuízo ordinario nº 1198/08, sobre reclamación de cantidade, seguido entre partes: como apelantes/demandados, Dolores Paadín Grandal e Davil Díaz Paadín, representados polo/la procurador/a Sr./Sra. Cernadas Vázquez; como apelado/demandante: Elpidio Martínez Yebra, representado polo/la procurador/a Sr./Sra. Seco Lamas, e como demandado en rebeldía, Francisco Javier Nonide Saavedra. É relator Carlos Fuentes Candelas.

(Seguen antecedentes de feito e fundamentos xurídicos).

Resolución.

Rexeitamos o recurso de apelación e confirmamos a sentenza apelada, con imposición á parte apelante das custas da alzada.

Esta sentenza non é firme e contra ela cabe recurso de casación por interese casacional e, de ser o caso, conxuntamente recurso extraordinario por infracción procesual, ante a Sala Primeira do Tribunal Supremo, que se interporá ante esta sección cuarta mediante escrito de avogado e procurador no prazo de 20 días, cos demais requisitos de admisibilidade previstos na lei e na súa xurisprudencia.

Así, por esta nosa sentenza de apelación, da cal se levará á peza un testemuño e se unirá o orixinal ao libro de sentenzas, pronunciámolo, mandámolo e asinámolo, no lugar e na data arriba indicados».

E para que conste e sirva para a inserción no Diario Oficial de Galicia (DOG), co obxecto de notificar a parte declarada en rebeldía, Francisco Javier Nonide Saavedra, expido e asino este edicto. Doy fe.

A Coruña, 21 de marzo de 2016

A secretaria xudicial