Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 71 Xoves, 14 de abril de 2016 Páx. 13583

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 3 de Santiago de Compostela

EDICTO de notficación de decreto de aclaración (284/2015).

Eu, Susana Varela Amboage, secretaria xudicial do Xulgado do Social número 3 de Santiago de Compostela, fago saber que no procedemento de execución de títulos xudiciais número 284/2015 deste xulgado do social, seguido por instancia de María Luisa Piñeiro Pardiñas contra a empresa Archidoc, S.L., sobre reclamación de cantidade, foi ditado decreto de aclaración no 22 de marzo de 2016 co teor literal seguinte:

«Decreto:

Letrada da Administración de xustiza, Susana Varela Amboage.

Santiago de Compostela, 22 de marzo de 2016.

Por presentado o anterior escrito con data do 19 de febreiro de 2016 por María Luisa Piñeiro Pardiñas, únase aos autos da súa razón, e

Antecedentes de feito:

Primeiro. Neste procedemento foi ditado Decreto 10/2016 no 18 de xaneiro de 2016 que foi notificado ás partes.

Segundo. Na devandita resolución figura/n o/os seguinte/s parágrafos/s: «Antecedente de feito terceiro. Non se encontraron bens susceptibles de embargo e deuse a preceptiva audiencia ao Fondo de Garantía Salarial», e na «Parte dispositiva. a) Declarar o executado Archidoc, S.L. en situación de insolvencia parcial polo importe de 2.107,99 euros de principal, máis 262,93 euros de xuros do artigo 29.3 do ET, máis 237,09 euros que se fixan provisoriamente en concepto de xuros que, se for o caso, se poidan producir durante a execución e as custas desta, sen prexuízo da súa posterior liquidación, insolvencia que se entenderá para todos os efectos como provisoria».

Terceiro. Despois de asinado o devandito decreto advertiuse que debe dicir no «Antecedente de feito terceiro. Das actuacións de embargo practicadas obtívose a cantidade de 0,80 euros, e deuse a preceptiva audiencia ao Fondo de Garantía Salarial» e na «parte dispositiva. a) Declarar o executado Archidoc, S.L. en situación de insolvencia parcial polo importe de 2.107,28 euros de principal, máis 262,84 euros de xuros do artigo 29.3 do ET, máis 237,09 euros que se fixan provisoriamente en concepto de xuros que, se for o caso, se poidan producir durante a execución e as custas desta, sen prexuízo da súa posterior liquidación, insolvencia que se entenderá para todos os efectos como provisoria».

Fundamentos de dereito:

Primeiro. O artigo 214.1 da LAC establece que os tribunais non poderán variar as resolucións que diten despois de asinadas pero si aclarar algún concepto escuro ou rectificar calquera erro material que padezan.

Segundo. O artigo 215.4 do mesmo texto legal dispón que se o letrado da Administración de xustiza que ditou o decreto apreciar os defectos ou omisións a que se refire o punto segundo do devandito artigo poderá, no prazo de cinco días desde a data en que se ditou a resolución, ditará decreto para emendar os defectos ou completar a resolución, pero sen modificar nin rectificar o que tivese acordado.

Vistos os preceptos legais citados e demais de xeral e pertinente aplicación,

Parte dispositiva:

Acordo:

1. Aclarar o Decreto 10/2016 do 18 de xaneiro de 2016, nos seguintes termos: debe dicir no «Antecedente de feito terceiro. Das actuacións de embargo practicadas obtívose a cantidade de 0,80 euros, e deuse a preceptiva audiencia ao Fondo de Garantía Salarial» e na «Parte dispositiva. a) Declarar a executada Archidoc, S.L. en situación de insolvencia parcial polo importe de 2.107,28 euros de principal, máis 262,84 euros de xuros do artigo 29.3 do ET, máis 237,09 euros que se fixan provisoriamente en concepto de xuros que, se é o caso, se poidan producir durante a execución e as custas desta, sen prexuízo da súa posterior liquidación, insolvencia que se entenderá para todos os efectos como provisoria».

2. Transferir o importe de 0,80 euros ao código Iban presentado pola parte executante, en concepto de pagamento de parte do principal e de xuros do artigo 29.3 do ET.

3. Incorporar esta resolución ao libro que corresponda e levar testemuño dela aos autos.

Notifíquese ás partes e a Archidoc, S.L. no DOG, e fágaselle saber que, en aplicación do mandado contido no artigo 53.2 da LXS, no primeiro escrito ou comparecencia ante o órgano xudicial, as partes ou interesados e, se for o caso, os profesionais designados, sinalarán un domicilio e datos completos para a práctica de actos de comunicación. O domicilio e os datos de localización facilitados con tal fin producirán plenos efectos e as notificacións neles intentadas sen efecto serán válidas en canto non sexan facilitados outros datos alternativos, sendo carga procesual das partes e dos seus representantes mantelos actualizados. Así mesmo, deberán comunicar os cambios relativos ao seu número de teléfono, fax, enderezo electrónica ou semellantes, sempre que estes últimos estean a ser utilizados como instrumentos de comunicación co tribunal.

Contra este decreto non cabe interpor recurso ningún distinto ao que se for o caso se podería interpor contra a resolución modificada.

O letrado da Administración de xustiza».

Advírtese ao destinatario que as seguintes comunicacións se farán fixando copia da resolución ou da cédula no taboleiro de anuncios da oficina xudicial.

E para que sirva de notificación a Archidoc, S.L., expido este edicto.

Santiago de Compostela, 22 de marzo de 2016

A letrada da Administración de xustiza