Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 71 Xoves, 14 de abril de 2016 Páx. 13582

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 4 de Pontevedra

EDICTO (113/2016).

Branca Susana Janeiro Amela, letrada da Administración de xustiza do Xulgado do Social número 4 de Pontevedra, fago saber que por resolución ditada no día da data, no proceso seguido por instancia de Manuel Alejandro Grandal Pazos contra CYM Lérez, S.L. Instituto Nacional da Seguridade Social Mutua Asepeyo, en reclamación por Seguridade Social, rexistrado co nº seguridade social 113/2016 se acordou, en cumprimento do que dispón o artigo 59 da LXS, citar a CYM Lérez, S.L., en ignorado paradoiro, co fin de que compareza o día 26.7.2016, ás 11.20 horas, en planta -1, sala 6, Edificio Audiencia, para a celebración do acto de xuízo, podendo comparecer persoalmente ou mediante persoa legalmente apoderada, e que deberá acudir con todos os medios de proba de que intente valerse, coa advertencia de que é única convocatoria e que os devanditos actos non se suspenderán por falta inxustificada de asistencia.

Advírtese ao destinatario que as seguintes comunicacións se farán fixando copia da resolución ou da cédula no taboleiro de anuncios da oficina xudicial, salvo o suposto da comunicación das resolucións que deban revestir forma de auto ou sentenza, ou cando se trate de localización.

En caso de que pretenda comparecer ao acto do xuízo asistido de avogado ou representado tecnicamente por graduado social colexiado, ou representado por procurador, poñerá esta circunstancia en coñecemento do xulgado ou tribunal por escrito, dentro dos dous días seguintes ao da súa citación para o xuízo, co obxecto de que, trasladada tal intención ao demandante, poida estar este representado tecnicamente por graduado social colexiado, ou representado por procurador, designar avogado noutro prazo igual ou solicitar a súa designación a través da quenda de oficio. A falta de cumprimento destes requisitos supón a renuncia da parte ao dereito de valerse no acto de xuízo de avogado, procurador ou graduado social colexiado.

E para que sirva de citación a CYM Lérez, S.L., expídese a presente cédula para a súa publicación no DOG e colocación no taboleiro de anuncios.

Pontevedra, 23 de marzo de 2016

A letrada da Administración de xustiza