Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 71 Xoves, 14 de abril de 2016 Páx. 13581

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 1 da Coruña

EDICTO (952/2015).

María Blanco Aquino, secretaria xudicial do Xulgado do Social número 1 da Coruña, fago saber que no procedemento de despedimento/cesamentos en xeral 952/2015 deste Xulgado do Social número 1 da Coruña, se ditou Resolución do 14 de marzo de 2016, dirixida a Setillas, S.L., contra a cal se poden interpor os oportunos recursos de suplicación no prazo de cinco días, facéndolle saber que no dito órgano xudicial os interesados poderán ter coñecemento íntegro do acto.

E para que lle sirva de notificación en legal forma a Setillas, S.L., en paradoiro ignorado, expido este edicto para a súa inserción no Diario Oficial de Galicia.

Advírtese o destinatario de que as seguintes comunicacións se farán fixando copia da resolución ou da cédula no taboleiro de anuncios da oficina xudicial, salvo no suposto da comunicación das resolucións que deban revestir forma de auto ou sentenza, ou cando se trate de emprazamento.

A Coruña, 14 de marzo de 2016

A secretaria xudicial