Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 71 Xoves, 14 de abril de 2016 Páx. 13580

V. Administración de xustiza

Xulgado de Primeira Instancia e Instrución número 1 de Chantada

EDICTO (341/2013).

Eu, Denise Romero Barciela, secretaria xudicial do Xulgado de Primeira Instancia e Instrución número 1 de Chantada, anuncio que neste procedemento DIH (341/2013), seguido por instancia de José Manuel González Sobrado, Julio González Sobrado, Santiago González Sobrado e Raquel González Sobrado contra Antonio González Sobrado se ditou decreto cuxa parte dispositiva é do teor literal seguinte:

Decreto 43/2016.

Chantada, 3 de marzo de 2016.

Acordo:

1. Aprobar as operacións divisorias da herdanza dos finados Nieves Gumersinda Sobrado Camiñas e José González Negro, realizadas polo contador Fernando Lamela Pérez, que se protocolarizarán na notaría de Chantada unha vez que sexa firme esta resolución.

2. Deixar certificación da presente resolución nos autos e levar o orixinal ao expediente correspondente.

Modo de impugnación. Contra a presente resolución cabe interpoñer recurso de revisión no prazo de cinco días.

Ao estar o demandado, Antonio González Sobrado, en paradoiro descoñecido, expídese este edicto co fin de que lle sirva de notificación en forma.

Chantada, 10 de marzo de 2016

Denise Romero Barciela
Secretaria xudicial