Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 71 Xoves, 14 de abril de 2016 Páx. 13586

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 3 de Santiago de Compostela

EDICTO (433/2015 e acumulados).

Despedimento/cesamentos en xeral 433/2015

Procedemento de orixe: sobre ordinario

Demandante: Óscar Rúa García

Demandados: Talleres J. y M. Fernández, S.L., Automóviles J. y M. Fernández, S.L., SS Fernández Concesionario, S.L., Ifer Coruña, S.L., Integral Motion Assistance, S.L., Talleres J. & M. Fernández, S.L., José Luis Fernández Rodríguez, Talleres J. y M. Fernández, S.L., Fondo de Garantía Salarial (Fogasa), Marcelino Fernández Rodríguez

Eu, Susana Varela Amboage, letrada da Administración de xustiza do Xulgado do Social número 3 de Santiago de Compostela, fago saber que no procedemento despedimento/cesamentos en xeral 433/2015 e acumulados 142/2016 e 583/2015 deste xulgado do social, seguido por instancia de Óscar Rúa García contra Talleres J. y M. Fernández, S.L., Asesoría Global Automoción, S.L. e outros, se ditaron as seguintes resolucións:

Auto DOI 142/2016 do 17.3.2016.

Parte dispositiva.

Dispoño acordar a acumulación dos presentes autos ao procedemento de resolución contractual nº 433/2015 seguido perante este mesmo xulgado, continuándose a súa tramitación nun único procedemento.

Lévese o orixinal desta resolución ao libro de autos deste órgano xudicial, deixando copia testemuñada nas actuacións.

Notifíqueselles ás partes.

Modo de impugnación: mediante recurso de reposición que se interpoñerá perante este órgano xudicial, no prazo dos tres días hábiles seguintes ao da súa notificación con expresión da infracción cometida na resolución a xuízo do recorrente, sen que a interposición do recurso teña efectos suspensivos con respecto á resolución impugnada. Se o recorrente non ten a condición de traballador ou beneficiario do réxime público de seguridade social deberá consignar a cantidade de 25 euros, en concepto de depósito para recorrer, na conta de consignacións deste Xulgado do Social número 3 aberta en Banco Español de Crédito, conta nº 5076 e deberá indicar no campo concepto, «recurso» seguida do código «30 social-reposición». Se o ingreso se fai mediante transferencia bancaria deberá incluír tras a conta referida, separados por un espazo, o «código 30 social-reposición». Se efectúa diversos pagamentos na mesma conta deberá especificar un ingreso por cada concepto, incluso se obedecen a outros recursos da mesma ou distinta clase indicando no campo de observacións a data da resolución impugnada utilizando o formato dd/mm/aaaa. Quedan exentos do seu aboamento, en todo caso, o Ministerio Fiscal, o Estado, as comunidades autónomas, as entidades locais e os organismos autónomos dependentes deles.

Así por este auto, dispóñoo, mándoo e asínoo, Susana Villarino Moure, maxistrada do Xulgado do Social número 3 de Santiago de Compostela. Dou fe.

Auto DOI 583/2015 do 17.3.2016.

Parte dispositiva.

Dispoño acordar a acumulación dos presentes autos ao procedemento de resolución contractual nº 433/2015 seguido perante este mesmo xulgado, continuándose a súa tramitación nun único procedemento.

Lévese o orixinal desta resolución ao libro de autos deste órgano xudicial, deixando copia testemuñada nas actuacións.

Notifíqueselles ás partes.

Modo de impugnación: mediante recurso de reposición que se interpoñerá perante este órgano xudicial, no prazo dos tres días hábiles seguintes ao da súa notificación con expresión da infracción cometida na resolución a xuízo do recorrente, sen que a interposición do recurso teña efectos suspensivos con respecto á resolución impugnada. Se o recorrente non ten a condición de traballador ou beneficiario do réxime público de seguridade social deberá consignar a cantidade de 25 euros, en concepto de depósito para recorrer, na conta de consignacións do Xulgado de lo Social número 3 aberta en Banco Español de Crédito, conta nº 5076 e deberá indicar no campo concepto, «recurso» seguida do código «30 social-reposición». Se o ingreso se fai mediante transferencia bancaria deberá incluír tras a conta referida, separados por un espazo, o «código 30 social-reposición». Se efectúa diversos pagamento na mesma conta deberá especificar un ingreso por cada concepto, incluso se obedecen a outros recursos da mesma ou distinta clase indicando no campo de observacións a data da resolución impugnada utilizando o formato dd/mm/aaaa. Quedan exentos do seu aboamento, en todo caso, o Ministerio Fiscal, o Estado, as comunidades autónomas, as entidades locais e os organismos autónomos dependentes deles.

Así por este auto, dispóñoo, mándoo e asínoo, Susana Villarino Moure, maxistrada do Xulgado do Social número 3 de Santiago de Compostela. Dou fe.

Dilixencia de ordenación do 22.3.2016.

Dilixencia de ordenación.

Letrada da Administración de xustiza: Susana Varela Amboage.

Santiago de Compostela, 22 de marzo de 2016.

Visto o estado das presentes actuacións e téndose acumulado ao presente procedemento os procedementos de despedimento 583/2015 e 142/2016 seguidos perante este mesmo xulgado, e formulándose na demanda reitora do procedemento de despedimento 142/2016 a desistencia fronte ás persoas físicas Marcelino Fernández Rodríguez e José Luis Fernández Rodríguez, confíraselles ás partes traslado da dita desistencia co fin de que no prazo de dez días mostren a súa conformidade ou desconformidade con ela e fágaselles saber que en caso de non realizar o trámite no prazo conferido se entenderán conformes con el.

Requíranse todas as partes para que no prazo de tres días designen por escrito un número de fax para efectos de notificacións ou ben designen para tales efectos o Sistema Lexnet.

Consúltense as bases de datos informáticas co fin de pescudar o domicilio das codemandadas SS Fernández Concesionario, S.L., Compostela Automotriz, S.L., Patrimonial Feranpe, S.L. e Asesoría Global Automoción, S.L.

Remítanse as resolucións que hai que notificar a SS Fernández Concesionario, S.L., Compostela Automotriz, S.L. e Patrimonial Scase a través do Scace de Santiago de Compostela tendo resultado negativas por ausente na repartición as notificacións remitidas por correo postal.

Constando negativas todas as notificacións remitidas á codemandada Asesoría Global Automoción, S.L. nos domicilios que constan nas bases de datos informáticas, practíquense os actos de comunicación pendentes neste momento a través do correspondente edicto que se inserirá no Diario Oficial de Galicia e no taboleiro de anuncios deste xulgado

Notifíqueselles ás partes e fágaselles haciéndoles saber que en aplicación do mandato contido no artigo 53.2 da LXS, no primeiro escrito ou comparecencia perante o órgano xudicial, as partes ou interesados e, se é o caso, os profesionais designados sinalarán un domicilio e datos completos para a práctica de actos de comunicación. O domicilio e os datos de localización facilitados con tal fin producirán plenos efectos e as notificacións neles intentadas sen efecto serán válidas mentres non sexan facilitados outros datos alternativos, sendo carga procesual das partes e dos seus representantes mantelos actualizados. Así mesmo, deberán comunicar os cambios relativos ao seu número de teléfono, fax, enderezo electrónico ou similares, sempre que estes últimos estean sendo utilizados como instrumentos de comunicación co Tribunal.

Modo de impugnación: mediante recurso de reposición que se interpoñerá perante quen dita esta resolución, no prazo de tres días hábiles seguintes ao da súa notificación con expresión da infracción que a xuízo do recorrente contén esta, sen que a interposición do recurso teña efectos suspensivos con respecto á resolución impugnada.

A letrada da Administración de xustiza.

Para que sirva de notificación en legal forma a Asesoría Global Automoción, S.L., en ignorado paradoiro, expido o presente edicto para a súa inserción no Diario Oficial de Galicia e no taboleiro de anuncios deste xulgado.

Advírteselle ao destinatario que as seguintes comunicacións se farán fixando copia da resolución ou da cédula no taboleiro de anuncios da oficina xudicial, salvo o suposto da comunicación das resolucións que deban revestir forma de auto ou sentenza, ou cando se trate de emprazamento.

Santiago de Compostela, 23 de marzo de 2016

A letrada da Administración de xustiza