Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 69 Martes, 12 de abril de 2016 Páx. 13173

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 2 de Santiago de Compostela

EDICTO (536/2012).

Eu, Marina Pilar García de Evan, secretaria xudicial do Xulgado do Social número 2 de Santiago de Compostela, fai saber que no procedemento ordinario 536/2012 deste xulgado do social, seguido por instancia de Rosa María Serantes Maneiro, María del Carmen García Oliveira, María Rocío Triñanes Castro, María Teresa Toucedo García, Carmen Paz Castrelo, Dorinda Ces Pérez, María Dolores Rial Ces, María Mercedes Silva García contra Andaina Servizos Sociais, S.L., sobre cantidade, se ditou a seguinte resolución cuxa parte dispositiva di así:

«Parte dispositiva:

Que debo estimar a demanda presentada por instancia de Rosa María Serantes Maneiro, María del Carmen García Olveira, María Rocío Triñanes Castro, María Teresa Toucedo García, Carmen Paz Castrelo, Dorinda Ces Pérez, María Dolores Rial Ces y María Mercedes Silva García, asistidas polo letrado Sr. Nouche Ferreira, contra a entidade Andaina Servizos Sociais, S.L. e Fogasa que non comparecen malia a estar debidamente citados, sobre reclamación de cantidade e debo condenar a demandada ao aboamento a:

Rosa María Serantes Maneiro, da cantidade de 9.398,05 euros.

María del Carmen García Oliveira, da cantidade de 12.389,82 euros.

Rocío Triñanes Castro, da cantidade de 4.466,44 euros.

Mª Teresa Toucedo García, da cantidade de 4.280,76 euros.

Carmen Paz Castrelo, da cantidade de 1.744,41 euros.

Dorinda Ces Pérez, da cantidade de 4.830,00 euros.

Mercedes Silva García, da cantidade de 7.170,29 euros.

Máis os xuros previstos no artigo 29.3 do ET.

Debo absolver e absolvo a Fogasa sen prexuízo da súa responsabilidade subsidiaria nos casos previstos no artigo 33 do Estatuto dos traballadores.

Notifíquese ás partes a presente resolución e fágaselles saber que fronte a ela poderán interpoñer recurso de suplicación para ante a sala do social do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, no prazo de cinco (5) días contados desde o seguinte ao da súa notificación.

A anterior resolución entregarase ao letrado da Administración de xustiza para a súa custodia e incorporación ao libro de sentenzas. Insírase nas actuacións por medio de testemuño.

Por esta miña sentenza, xulgando definitivamente en primeira instancia, pronúncioo, mándoo e asínoo».

E, para que sirva de notificación en legal forma a Andaina Servizos Sociais, S.L., en ignorado paradoiro, expido o presente edicto para a súa inserción no Boletín Oficial da provincia.

Advírteselle ao destinatario que as seguintes comunicacións se farán fixando copia da resolución ou da cédula no taboleiro de anuncios da oficina xudicial, salvo o suposto da comunicación das resolucións que deban revestir forma de auto ou sentenza, ou cando se trate de emprazamento.

Santiago de Compostela, 17 de marzo de 2016

A secretaria xudicial