Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 69 Martes, 12 de abril de 2016 Páx. 13170

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 2 de Santiago de Compostela

EDICTO de notificación de resolución (805/2012).

PO procedemento ordinario 805/2012

Procedemento orixe:

Sobre ordinario

Demandante: Ramón Ferreiro Ferreiro

Demandados: Instalaciones Revigás, S.L., Instalaciones Eurogás, S.L.

Eu, Marina Pilar García de Evan, secretaria xudicial do Xulgado do Social número 2 de Santiago de Compostela, fago saber que no procedemento ordinario 805/2012 deste xulgado do social, seguido por instancia de Ramón Ferreiro Ferreiro contra Instalaciones Eurogás, S.L., Instalaciones Revigás, S.L. sobre ordinario, foi ditada resolución cuxa parte dispositiva di así:

«Parte dispositiva.

Acordo:

– Admitir a trámite a demanda presentada e, en consecuencia:

– Citar as partes para compareceren o día 4.5.2016 ás 9:45 horas na planta baixa, sala 1, Edif. rúa Berlín, para a celebración do acto de conciliación ante o/a secretario/a xudicial e, unha vez tentada, e en caso de non se alcanzar a avinza, o día 4.5.2016 ás 9.50 horas na planta baixa, sala 1, Edif. Rúa Berlín, para a celebración do acto de xuízo ante o/a maxistrado/a.

– Advírtese á parte demandante que, en caso de non comparecer á sinalización sen alegar xusta causa que motive a suspensión dos actos de conciliación e xuízo, se terá por desistida da súa demanda; advírtese igualmente á parte demandada que a falta de comparecencia aos referidos actos non impedirá a súa celebración e que estes continuarán sen necesidade de declarar a súa rebeldía.

– Respecto aos outrosís solicitados para os efectos previstos no artigo 81.4 da LXS, deuse conta ao xuíz con carácter previo.

Respecto ao outrosí, procede o solicitado conforme o art. 90.3 da LXS, sen prexuízo de que o momento procesual oportuno para formular e admitir a proba sexa o acto de xuízo (art. 87 LXS). Para tal efecto, fágase saber á parte demandada que deberá comparecer persoalmente ou mediante persoa con poder bastante e, en caso de persoas xurídicas, a través de quen legalmente as represente e teña facultades para responder tal interrogatorio, e advírteselle que, en caso de non comparecer, poderá impórselle a multa prevista no art. 292.4 da Lei de axuizamento civil e que se non comparecer sen xusta causa á primeira citación, rexeitar declarar ou persistir en non responder afirmativa ou negativamente, a pesar do apercibimento que se lle fixo, poderán considerarse recoñecidos como certos, na sentenza, os feitos a que se refiran as preguntas, sempre que o interrogado interviñese neles persoalmente e a súa fixación como certos lle resultar prexudicial en todo ou en parte. En caso de que o interrogatorio non se refira a feitos persoais, admitirase a súa resposta mediante un terceiro que coñeza os feitos, se a parte así o solicita e acepta a responsabilidade da declaración.

Se o representante en xuízo non interveu nos feitos, deberá traer ao xuízo a persoa coñecedora directa destes. Con tal fin a parte interesada poderá propor a persoa que se deba someter ao interrogatorio xustificando debidamente a necesidade do devandito interrogatorio persoal.

A declaración das persoas que actuasen nos feitos litixiosos en nome do empresario, cando sexa persoa xurídica privada, baixo a responsabilidade deste, como administradores, xerentes ou directivos, soamente poderá acordarse dentro do interrogatorio da parte por cuxa conta tivesen actuado e en calidade de coñecedores persoais dos feitos, en substitución ou como complemento do interrogatorio do representante legal, salvo que, en función da natureza da súa intervención nos feitos e posición dentro da estrutura empresarial, por non prestaren xa servizos na empresa ou para evitaren indefensión, o xuíz ou tribunal acorde a súa declaración como testemuñas.

Respecto ao outrosí, tense por anunciado o propósito de comparecer asistido/a representado/a de avogado/a ou graduado social para os efectos do art. 21.2 da LXS e por designado domicilio para os efectos de comunicacións, art. 53 da LXS.

– Antes da notificación desta resolución ás partes paso a dar conta a SSª da sinalización efectuada.

Notifíquese ás partes e fágaselles saber que, en aplicación do mandado contido no artigo 53.2 da LXS, no primeiro escrito ou comparecencia ante o órgano xudicial, as partes ou interesados e, se for o caso, os profesionais designados, sinalarán un domicilio e datos completos para a práctica de actos de comunicación. O domicilio e os datos de localización facilitados con tal fin producirán plenos efectos e as notificacións neles tentadas sen efecto serán válidas en canto non sexan facilitados outros datos alternativos, sendo carga procesual das partes e dos seus representantes mantelos actualizados. Así mesmo, deberán comunicar os cambios relativos ao seu número de teléfono, fax, enderezo electrónico ou semellantes, sempre que estes últimos estean a ser utilizados como instrumentos de comunicación co tribunal.

Modo de impugnación: mediante recurso de reposición que se interporá ante quen dita esta resolución, no prazo dos tres días hábiles seguintes á súa notificación, con expresión da infracción que contén a xuízo do recorrente, sen que a interposición do recurso teña efectos suspensivos con respecto á resolución impugnada.

A secretaria xudicial»

E para que sirva de notificación e citación en legal forma a Instalaciones Revigás, S.L., Instalaciones Eurogás, S.L., Mónica Rey Soto e Sotero Neira Lestei, en ignorado paradoiro, expido este edicto para a súa inserción no Boletín Oficial da provincia.

Santiago de Compostela, 15 de marzo de 2016

A secretaria xudicial