Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 69 Martes, 12 de abril de 2016 Páx. 13167

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 1 de Santiago de Compostela

EDICTO (191/2015).

Eu, María Teresa Vázquez Abades, secretaria xudicial do Xulgado do Social número 1 de Santiago de Compostela, fago saber que no procedemento de execución de títulos xudiciais 191/2015 deste xulgado do social, seguido por instancia de José María Riveiro González contra Dado Dadá, S.L. e o Fondo de Garantía Salarial, se ditou a seguinte resolución:

«Decreto 113/2016.

ETX. Execución de títulos xudiciais 191/2015

Procedemento de orixe: despedimento/cesamentos en xeral 464/2014

Sobre: despedimento

Demandante: José María Riveiro González

Demandados: Dado Dadá, S.L. e o Fondo de Garantía Salarial

Avogado: Fogasa

Secretaria xudicial: María Teresa Vázquez Abades.

Santiago de Compostela, 21 de marzo de 2016

Antecedentes de feito.

Primeiro. José María Riveiro González presentou demanda de execución fronte a Dado Dadá, S.L. e o Fondo de Garantía Salarial.

Segundo. Ditouse auto despachando execución o 23.7.2015 e auto declarando extinguida a relación laboral o 28.10.2015 condenando a executada por 51.622,93 euros en concepto de principal [28.299,93 euros en concepto de indemnización + 23.323 euros en concepto de salarios de tramitación].

Terceiro. Non se encontraron bens susceptibles de traba e deuse a preceptiva audiencia ao Fondo de Garantía Salarial.

Fundamentos de dereito.

Único. Dispoñen os artigos 250 e 276 da LXS que de non se ter coñecemento da existencia de bens suficientes do executado nos cales facer traba e embargo se practicarán as pescudas procedentes e de seren infrutuosas, total ou parcialmente, a secretaria xudicial da execución ditará decreto de insolvencia tras oír o Fondo de Garantía Salarial e a parte demandante.

Vistos os preceptos legais citados e demais de xeral e pertinente aplicación.

Parte dispositiva:

Acordo:

a) Declarar o executado Dado Dadá, S.L., en situación de insolvencia total por importe de 51.622,93 euros en concepto de principal [28.299,93 euros en concepto de indemnización + 23.323 euros en concepto de salarios de tramitación], máis outros 5.162,29 euros que se fixan provisionalmente en concepto de xuros e custas que poidan derivar da execución, sen prexuízo da súa posterior liquidación, insolvencia que se entenderá para todos os efectos como provisional.

b) Arquivar as actuacións logo de anotación no libro correspondente, sen prexuízo de reabrir a execución, se no sucesivo se coñecen novos bens do executado.

c) Unha vez firme a presente resolución, procédase á súa inscrición no rexistro correspondente.

Notifíqueselles ás partes e fágaselles saber que en aplicación do mandato contido no artigo 53.2 da LXS, no primeiro escrito ou comparecencia perante o órgano xudicial, as partes ou interesados e, se é o caso, os profesionais designados, sinalarán un domicilio e datos completos para a práctica de actos de comunicación. O domicilio e os datos de localización facilitados con tal fin producirán plenos efectos e as notificacións neles intentadas sen efecto serán válidas mentres non sexan facilitados outros datos alternativos, sendo carga procesual das partes e dos seus representantes mantelos actualizados. Así mesmo, deberán comunicar os cambios relativos ao seu número de teléfono, fax, enderezo electrónico ou similares, sempre que estes últimos estean sendo utilizados como instrumentos de comunicación co Tribunal.

Modo de impugnación. Contra a presente resolución cabe recurso directo de revisión que se deberá interpoñer perante quen dita a resolución no prazo de tres días hábiles seguintes ao da súa notificación con expresión da infracción cometida nela a xuízo do recorrente, artigo 188 da LXS. O recorrente que non teña a condición de traballador ou beneficiario de réxime público da Seguridade Social deberá facer un depósito para recorrer de 25 euros, na conta número 0049 3569 9200 0500 1274 no Banco Santander, S.A. e deberá indicar no campo concepto, “recurso” seguida do código “31 social-revisión de resolucións secretario xudicial”. Se o ingreso se fai mediante transferencia bancaria deberá incluír tras a conta referida, separados por un espazo coa indicación “recurso” seguida do “31 social-revisión de resolucións secretario xudicial”. Se efectúa diversos pagamentos na mesma conta deberá especificar un ingreso por cada concepto, incluso se obedecen a outros recursos da mesma ou distinta clase indicando no campo de observacións a data da resolución impugnada utilizando o formato dd/mm/aaaa. Quedan exentos do seu aboamento, en todo caso, o Ministerio Fiscal, o Estado, as comunidades autónomas, as entidades locais e os organismos autónomos dependentes deles.

A secretaria xudicial».

Para que sirva de notificación en legal forma a Dado Dadá, S.L., en ignorado paradoiro, expido o presente edicto para a súa inserción no Diario Oficial de Galicia.

Santiago de Compostela, 21 de marzo de 2016

A secretaria xudicial