Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 69 Martes, 12 de abril de 2016 Páx. 13175

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 2 de Santiago de Compostela

EDICTO (925/2015).

Despedimento/cesamentos en xeral 925/2015

Sobre: despedimento

Demandante: Rocío Suárez Iglesias

Avogada: Marisol Romero

Demandado: La Empanadilla Saborosa, S.L.

Eu, María Teresa Vázquez Abades, secretaria xudicial do Xulgado do Social número 2 de Santiago de Compostela, fago saber que no procedemento de despedimento/cesamentos en xeral 925/2015 deste xulgado do social, seguido por instancia de Rocío Suárez Iglesias contra La Empanadilla Sabrosa, S.L. sobre despedimento, se ditou a resolución cuxa parte dispositiva di así:

«Parte dispositiva:

Acordo:

– Admitir a trámite a demanda presentada e, en consecuencia:

– Citar as partes para que comparezan o día 7 de abril de 2016 ás 11.25 horas na planta baixa, sala 1, Edificio rúa Berlín, para a realización do acto de conciliación ante o/a secretario/a xudicial e, unha vez intentada, e en caso de non se alcanzar a avinza, o día 7 de abril de 2016 ás 11.30 horas na planta baixa, sala 1, edificio rúa Berlín, para a realización do acto de xuízo ante o/a maxistrado/a.

– Advírteselle á parte demandante que, en caso de non comparecer á sinalización sen alegar xusta causa que motive a suspensión dos actos de conciliación e xuízo, se lle terá por desistida da súa demanda; advertiráselle igualmente á parte demandada que a súa non comparecencia aos referidos actos non impedirá a súa realización, actos que continuarán sen necesidade de declarar a súa rebeldía.

– Respecto aos outrosís solicitados para os efectos previstos no artigo 81.4 da LXS, deuse conta ao xuíz con carácter previo, e acordouse por resolución desta data mandar que se efectúen as seguintes dilixencias:

Tense por presentada a documentación que se xunta á demanda, únase aos autos da súa razón, sen prexuízo da cal deba propoñela a parte no acto de xuízo como medio de proba do cal se intentará valer.

Tense por anunciado o propósito de comparecer asistido/a representado/a de avogado/a ou graduado social para os efectos do artigo 21.2 da LXS e por designado domicilio para os efectos de comunicacións, artigo 53 da LXS.

Se é o caso, sen que isto signifique a admisión da proba proposta polo demandante, xa que este deberá propoñela e, se é o caso, o/a xuíz admitila no acto de xuízo, artigo 87 da LXS.

En canto á documental solicitada paso a dar conta á súa señoría, para os efectos oportunos.

– Antes da notificación desta resolución ás partes paso a dar conta á súa señoría da sinalización efectuada.

Notifíqueselles ás partes, facéndolles saber que, en aplicación do mandato contido no artigo 53.2 da LXS, no primeiro escrito ou comparecencia ante o órgano xudicial as partes ou interesados e, de ser o caso, os profesionais designados sinalarán un domicilio e datos completos para a práctica de actos de comunicación. O domicilio e os datos de localización facilitados con tal fin producirán plenos efectos e as notificacións neles intentadas sen efecto serán válidas mentres non sexan facilitados outros datos alternativos, e será carga procesual das partes e dos seus representantes mantelos actualizados. Así mesmo, deberán comunicar os cambios relativos ao seu número de teléfono, fax, enderezo electrónico ou similares, sempre que estes últimos estean a ser utilizados como instrumentos de comunicación co tribunal.

Modo de impugnación: mediante recurso de reposición que se interporá ante quen dita esta resolución, no prazo de tres días hábiles seguintes á súa notificación, con expresión da infracción que a xuízo do recorrente contén, sen que a interposición do recurso teña efectos suspensivos con respecto á resolución contra a que se recorre.

A secretaria xudicial».

E para que lle sirva de notificación e citación en legal forma a La Empanadilla Sabrosa, S.L., en ignorado paradoiro, expido este edicto para a súa inserción no Diario Oficial de Galicia.

Advírteselle ao destinatario que as seguintes comunicacións se farán fixando copia da resolución ou da cédula no taboleiro de anuncios da oficina xudicial, salvo o suposto da comunicación das resolucións que deban revestir forma de auto ou sentenza, ou cando se trate de emprazamento.

Santiago de Compostela, 21 de marzo de 2016

A secretaria xudicial