Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 66 Xoves, 7 de abril de 2016 Páx. 12424

V. Administración de xustiza

Xulgado de Primeira Instancia número 5 de Vigo

EDICTO (1462/2014).

Eu, Sarai Paniagua Acera, secretaria do Xulgado de Primeira Instancia número 5 de Vigo, certifico que neste procedemento de divorcio 1462/2014 se ditou o seguinte:

Sentenza número 143.

Vigo, 14 de marzo de 2016.

María del Carmen Salvador Mateos, maxistrada xuíza titular do Xulgado de Primeira Instancia número 5 de Vigo e o seu partido, viu os autos seguidos neste xulgado baixo o número 1462/2014, sobre disolución do matrimonio por divorcio, en que actúa como demandante Ángela María Sepúlveda Bañol, representada pola procuradora dos tribunais Mercedes Pérez Crespo e con asistencia letrada de Dolores Nogueira Ogando, contra Juan Gabriel Suárez Rozo, declarado en situación procesual de rebeldía, e no cal interveu o Ministerio Fiscal, con base no seguinte:

(Seguen antecedentes de feito e fundamentos de dereito).

Resolvo:

Na demanda interposta pola procuradora dos tribunais, Sra. Pérez Crespo, en nome e representación de Ángela María Sepúlveda Bañol, contra Juan Gabriel Suárez Rozo, declarado en situación procesual de rebeldía, estimo esta e declaro disolto, por divorcio, o matrimonio formado polos referidos cónxuxes, con todos os efectos legais inherentes á dita declaración, realizando os seguintes pronunciamentos:

Primeiro. O fillo menor do matrimonio quedará baixo a garda e custodia da Sra. Sepúlveda Bañol, quen exercerá en exclusiva a patria potestade sobre o menor.

Segundo. O Sr. Suárez Rozo aboará, en concepto de alimentos para o seu fillo, a cantidade de 100 euros mensuais, que deberá ingresar dentro dos cinco primeiros días de cada mes e na conta que para o efecto designe a nai. A dita cantidade actualizarase anualmente conforme a variación que experimente o índice de prezos de consumo que fixe o Instituto Nacional de Estatística ou organismo que o substitúa.

Non procede facer especial pronunciamento sobre as custas.

Unha vez que sexa firme esta resolución, comuníquese ao Rexistro Civil onde consta a inscrición do matrimonio, co fin de que se proceda á súa anotación marxinal, e déixese constancia de tal circunstancia nos autos.

Modo de impugnación: recurso de apelación no prazo de vinte días, desde a notificación desta resolución, ante a Audiencia Provincial.

Para que conste e para a súa notificación a Juan Gabriel Suárez Rozo, en paradoiro descoñecido, expido e asino este edicto.

Vigo, 16 de marzo de 2016

A secretaria xudicial