Sarai Paniagua Acera, secretaria do Xulgado de Primeira Instancia número 5 de Vigo, certifica que no presente procedemento de garda custodia e alimentos 171/2015, se ditou a seguinte sentenza:
Sentenza nº 149.
En Vigo, catorce de marzo de dous mil dezaseis.
María del Carmen Salvador Mateos, maxistrada xuíza titular do Xulgado de Primera Instancia número 5 de Vigo (Xulgado de Familia) viu os autos seguidos neste xulgado baixo número 171/2015 sobre garda e custodia e alimentos respecto de filla menor de idade, por instancia de Sol Ángel Folla Méndez, representada pola procuradora dos tribunais Verónica Lago Domínguez e con asistencia letrada de Luz Portela Lusquiños, contra Juan Luis Ríos Piñeiro, declarado en rebeldía procesual, e no que interveu o Ministerio fiscal, sobre a base dos seguintes:
(Seguen antecedentes de feito e fundamentos de dereito).
Decido:
Na demanda interposta pola procuradora dos tribunais Sra. Lago Domínguez, en nome e representación de Sol Ángel Folla Méndez, como demandante, contra Juan Luis Ríos Piñeiro, declarado en situación de rebeldía procesual, e no que interveu o Ministerio fiscal, fago os seguintes pronunciamentos:
Primeiro. A garda e custodia da filla menor atribúese á Sra. Folla Méndez, sendo a patria potestade compartida entre ambos os dous proxenitores.
Segundo. O Sr. Ríos Piñeiro satisfará en concepto de alimentos a favor da súa filla a cantidade de 150 euros mensuais, que serán ingresados dentro dos cinco primeiros días de cada mes na conta corrente que para o efecto designe a nai e que será actualizada anualmente conforme a variación do índice de prezos ao consumo que indique o Instituto Nacional de Estatística ou organismo que o substitúa.
Terceiro. Ambos os dous proxenitores satisfarán por metade os gastos extraordinarios que xere a menor, entre os que se inclúen os médicos non cubertos pola Seguridade Social, e que non comprenderán os libros e material escolar, matrículas, uniformes, comedor, transporte nin actividades extraescolares.
Non se fai especial pronunciamento en canto ás custas.
Modo de impugnación: recurso de apelación no prazo de vinte días, desde a notificación desta resolución, ante a Audiencia Provincial.
E para que conste e para a súa notificación a Juan Luis Ríos Piñeiro, en paradoiro descoñecido, expido e asino este edicto.
Vigo, 16 de marzo de 2016
A secretaria xudicial