Mónica Piñera Magdalena, secretaria xudicial do Xulgado de Primeira Instancia e Instrución número 1 de Padrón, fago saber que ditou sentenza, o 14 de decembro de 2015, Berta Vidal Gallego, maxistrada xuíza do Xulgado de Primeira Instancia e Instrución número 1 de Padrón, nos autos de xuízo verbal número 244/2015, promovidos por Mayaipa, S.L., representada pola procuradora dos tribunais Rosa Goris Mayan, e asistida pola letrada Laura Jiménez Palos, contra Servimar Innova, S.L., en situación de rebeldía procesual.
Contra a devandita resolución cabe recurso de apelación ao tratarse dun xuízo verbal por razón da materia, no prazo de vinte días contados a partir do seguinte ao da súa notificación.
E, de conformidade co disposto no artigo 497.2 da LAC, mediante este edicto notifícase a Servimar Innova, S.L., en paradoiro descoñecido, e a quen, así mesmo, se fai saber que poderá ter coñecemento íntegro da mencionada resolución mediante a súa comparecencia no Xulgado de Primeira Instancia e Instrución número 1 de Padrón.
Padrón, 14 de decembro de 2015
A secretaria xudicial