Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 64 Martes, 5 de abril de 2016 Páx. 12061

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 1 de Santiago de Compostela

EDICTO (93/2014).

Eu, María Teresa Vázquez Abades, secretaria xudicial do Xulgado do Social número 1 de Santiago de Compostela, fago saber que no procedemento de execución de títulos xudiciais 93/2014 deste xulgado do social, seguido por instancia de Marcos Somoza Gómez contra José Antonio Iglesias Garaboa, María José Yáñez Díaz, José Antonio Iglesias Garaboa y Otra, C.B. (Peluquería Diseño), se ditou a seguinte resolución:

Decreto: 86/2016

ETX. Execución de títulos xudiciais 93/2014

Procedemento orixe: despedimento obxectivo individual 401/2013

Sobre: despedimento

Demandante: Marcos Somoza Gómez

Avogada: Rosa María Vila Amarelle

Demandados: José Antonio Iglesias Garaboa, María José Yáñez Díaz, José Antonio Iglesias Garaboa y Otra, C.B. (Peluquería Diseño), Fondo de Garantía Salarial (Fogasa)

«Decreto:

Secretaria xudicial: María Teresa Vázquez Abades.

En Santiago de Compostela, 2 de marzo de 2016.

Antecedentes de feito:

Primeiro. Marcos Somoza Gómez presentou demanda de execución contra José Antonio Iglesias Garaboa, María José Yáñez Díaz, José Antonio Iglesias Garaboa y Otra, C.B. (Peluquería Diseño) e Fondo de Garantía Salarial (Fogasa).

Segundo. Ditouse auto en que se despacha execución con data do 11 de marzo de 2014 por un total de 3.500 euros en concepto de principal máis outros 350 euros que se fixan provisionalmente en concepto de xuros que, de ser o caso, se poidan devindicar durante a execución e as custas desta, sen prexuízo da súa posterior liquidación.

Terceiro. Das actuacións practicadas obtívose a cantidade que consta en autos, téndose reducido o principal reclamado á suma de 1.936,80 euros de principal e 350 euros en concepto de xuros e custas. Déuselles audiencia a Marcos Somoza Gómez e ao Fondo de Garantía Salarial tras o resultado negativo do resto de investigacións realizadas.

Fundamentos de dereito:

Único. Dispoñen os artigos 250 e 276 da Lei reguladora da xurisdición social (LXS) que, de non se ter coñecemento da existencia de bens suficientes do executado nos cales facer traba e embargo, se practicarán as investigacións procedentes e, de seren infrutuosas total ou parcialmente, o/a secretario/a xudicial da execución ditará decreto de insolvencia tras oír o Fondo de Garantía Salarial e a parte demandante.

Vistos os preceptos legais citados e demais de xeral e pertinente aplicación,

Parte dispositiva:

Acordo:

a) Declarar os executados José Antonio Iglesias Garaboa, María José Yáñez Díaz, José Antonio Iglesias Garaboa y Otra, C.B. (Peluquería Diseño) en situación de insolvencia parcial por importe de 1.936,80 euros de principal e 350 euros en concepto de xuros e custas, insolvencia que se entenderá para todos os efectos como provisional.

b) Arquivar as actuacións logo de anotación no libro correspondente, sen prexuízo de reabrir a execución se no sucesivo se coñecen novos bens do executado.

c) Procédase á súa inscrición no rexistro correspondente.

Notifíqueselles ás partes e fágaselles saber que, en aplicación do mandato contido no artigo 53.2 da LXS, no primeiro escrito ou comparecencia ante o órgano xudicial as partes ou interesados e, de ser o caso, os profesionais designados sinalarán un domicilio e datos completos para a práctica de actos de comunicación. O domicilio e os datos de localización facilitados con tal fin producirán plenos efectos e as notificacións intentadas neles sen efecto serán válidas mentres non sexan facilitados outros datos alternativos, e será carga procesual das partes e dos seus representantes mantelos actualizados. Así mesmo, deberán comunicar os cambios relativos ao seu número de teléfono, fax, enderezo electrónico ou similares, sempre que estes últimos estean a ser utilizados como instrumentos de comunicación co tribunal.

Modo de impugnación. Contra esta resolución cabe recurso directo de revisión que se deberá interpor ante quen dita a resolución no prazo de tres días hábiles seguintes ao da súa notificación, con expresión da infracción cometida nela ao xuízo do recorrente (artigo 188 da LXS). O recorrente que non teña a condición de traballador ou beneficiario do réxime público da Seguridade Social deberá facer un depósito para interpor recurso de 25 euros, na conta nº 0049 3569 9200 0500 1274 no Banco Santander, S.A., e indicar, no campo Concepto, “Recurso” seguido do código “31 Social-revisión de resolucións secretario xudicial”. Se o ingreso se fai mediante transferencia bancaria, deberá incluír tras a conta referida, separados por un espazo, a indicación “Recurso” seguida do “31 Social-revisión de resolucións secretario xudicial”. Se efectúa diversos pagamentos na mesma conta, deberá especificar un ingreso por cada concepto, incluso se obedecen a outros recursos da mesma ou distinta clase, e indicar no campo Observacións a data da resolución impugnada utilizando o formato dd/mm/aaaa. Quedan exentos do seu aboamento, en todo caso, o Ministerio Fiscal, o Estado, as comunidades autónomas, as entidades locais e os organismos autónomos dependentes deles.

O/A secretario/a xudicial».

Para que sirva para os efectos publicitarios a declaración de insolvencia de José Antonio Iglesias Garaboa, María José Yáñez Díaz, José Antonio Iglesias Garaboa y Otra, C.B. (Peluquería Diseño), expido este edicto para a súa inserción no Diario Oficial de Galicia.

Santiago de Compostela, 14 de marzo de 2016

A secretaria xudicial