Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 64 Martes, 5 de abril de 2016 Páx. 12059

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 1 de Reforzo da Coruña

EDICTO (1236/2014).

Eu, Marta Yanguas del Valle, secretaria xudicial do Xulgado do Social número 1 de Reforzo da Coruña, fago saber que no procedemento ordinario 1236/2014 deste xulgado do social, seguido por instancia de Ramón Fernández Tomé contra Albatros Inversiones Turísticas y Eventos, S.L., sobre ordinario, se ditou a seguinte resolución:

«Xuíz: Javier López Cotelo.

Procedemento: reclamación de cantidade 1236/2014.

Demandante: Ramón Fernández Tomé.

Demandada: Albatros Inversiones Turísticas y Eventos, S.L.

Sentenza 32/2016.

A Coruña, 21 de xaneiro de 2016.

Resolución:

Acepto a demanda formulada por Ramón Fernández Tomé fronte á empresa Albatros Inversiones Turísticas y Eventos, S.L. e, en consecuencia, condeno esta a pagarlle ao primeiro a suma de 468,98 euros en concepto de salarios debidos, así como a aboar o xuro de mora do 10 %.

Inscríbase a presente resolución no libro de sentenzas e déixese testemuño dela no presente procedemento.

Notifíqueselles esta sentenza ás partes advertíndolles que contra ela non cabe recurso.

Así o pronuncio, mando e asino, Javier López Cotelo, xuíz do Social de Reforzo».

Publicación. A anterior sentenza foi lida e publicada polo maxistrado xuíz que a subscribe no día da súa data, do que eu, a secretaria xudicial, dou fe.

E para que sirva de notificación en legal forma a Albatros Inversiones Turísticas y Eventos, S.L., en paradoiro ignorado, expido este edicto para a súa inserción no Diario Oficial de Galicia.

Advírtese o destinatario de que as seguintes comunicacións se farán fixando copia da resolución ou da cédula no taboleiro de anuncios da oficina xudicial, salvo no suposto da comunicación das resolucións que deban revestir forma de auto ou sentenza, ou cando se trate de emprazamento.

A Coruña, 11 de marzo de 2016

A secretaria xudicial