Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 64 Martes, 5 de abril de 2016 Páx. 12058

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 4 de Pontevedra

EDICTO (204/2014).

Blanca Susana Janeiro Amela, secretaria do Xulgado do Social número 4 de Pontevedra, fai saber que por resolución ditada no día de hoxe, no proceso seguido por instancia de Manuel Miguens Leis contra Tragsa Empresa de Transformación Agraria, S.A., Pablo Rey Magán, Javier Pazos Nieves, Jorge Candeira Iglesias, Benjamín González Fidaldo, Juan Manuel Luna Gago, Rosa Magán Trasande, Eladio Monteagudo Pintos, José Antonio Nogueira Souto, Dolores Piñeiro Bragaña, Severo Rodríguez Gata, Abrahan Vieites Núñez, Tecnologías y Servicios Agrarios, S.A., en reclamación por despedimento, rexistrado co número despedimento obxectivo individual 204/2014 se acordou, en cumprimento do que dispón o artigo 59 da LXS, citar a Severo Rodríguez Gata, en ignorado paradoiro, co fin de que compareza o día 7.4.2016 ás 11.40 horas, na planta baixa-sala 1-Edificio Audiencia, para a celebración dos actos de conciliación e, se é o caso, xuízo, comparecencia que poderá realizar persoalmente ou mediante persoa legalmente apoderada, e que deberá acudir con todos os medios de proba de que se intente valer, coa advertencia de que é única convocatoria e que os ditos actos non se suspenderán por falta inxustificada de asistencia.

Advírteselle ao destinatario que as seguintes comunicacións se farán fixando copia da resolución ou da cédula no taboleiro de anuncios da oficina xudicial, salvo o suposto da comunicación das resolucións que deban revestir forma de auto ou sentenza, ou cando se trate de emprazamento.

En caso de que pretenda comparecer ao acto do xuízo asistido de avogado ou representado tecnicamente por graduado social colexiado, ou representado por procurador, poñerá esta circunstancia en coñecemento do xulgado ou tribunal por escrito, dentro dos dous días seguintes ao da súa citación para o xuízo, con obxecto de que, trasladada tal intención ao demandante, este poida estar representado tecnicamente por graduado social colexiado, ou representado por procurador, designar avogado noutro prazo igual ou solicitar a súa designación a través da quenda de oficio. A falta de cumprimento destes requisitos supón a renuncia da parte ao dereito de se valer no acto de xuízo de avogado, procurador ou graduado social colexiado.

Para que sirva de citación a Severo Rodríguez Gata, expídese a presente cédula para publicar no Diario Oficial de Galicia e colocar no taboleiro de anuncios.

Pontevedra, 14 de marzo de 2016

A secretaria xudicial