Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 64 Martes, 5 de abril de 2016 Páx. 12064

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 1 de Santiago de Compostela

EDICTO (80/2015).

Procedemento de orixe: despedimento obxetivo individual 821/2014

Sobre despedimento

Demandante: Rosalba Contreras Canales

Avogado: Manuel Castro Fernández

Demandados: Photon Mundial, S.L., Fogasa (Fondo de Garantía Salarial)

Eu, María Teresa Vázquez Abades, secretaria xudicial do Xulgado do Social número 1 de Santiago de Compostela, fago saber que no procedemento de execución de títulos xudiciais 80/2015 deste xulgado do social, seguido por instancia de Rosalba Contreras Canales contra Photon Mundial, S.L., Fogasa (Fondo de Garantía Salarial) sobre despedimento, se ditou a seguinte resolución:

«Decreto:

Secretaria xudicial: María Teresa Vázquez Abades.

Santiago de Compostela, 14 de marzo de 2016.

Antecedentes de feito:

Primeiro. Rosalba Contreras Canales presentou demanda de execución fronte a Photon Mundial, S.L., Fogasa (Fondo de Garantía Salarial).

Segundo. Ditouse auto de extinción da relación laboral con data do 13.5.2015 por un total de 7.523,63 euros de principal (2.180,91 euros en concepto de indemnización + 5.342,72 euros en concepto de salarios de tramitación) incrementados con 752,36 euros en concepto de xuros e custas da execución, sen prexuízo este último importe de ulterior liquidación.

Terceiro. Dos embargos realizados obtense a cantidade de 1.518,49 euros, por dilixencia de ordenación de data 24.8.2015 detráese a cantidade obtida e sinálase como resto da débeda un importe de 6.005,13 euros de principal e uns xuros de 752,36 euros.

Cuarto. A cantidade que resulta como principal de 6.005,13 euros, logo de detraer a cantidade obtida en embargo, analízase da seguinte forma: 1.740,74 euros de indemnización e 4.264,39 euros de salarios de tramitación.

Fundamentos de dereito:

Único. Dispoñen os artigos 250 e 276 da LXS que, de non se ter coñecemento da existencia de bens suficientes do executado en que facer traba e embargo, practicaranse as indagacións procedentes e, de ser infrutuosas, total ou parcialmente, a secretaria xudicial da execución ditará decreto de insolvencia tras oír o Fondo de Garantía Salarial e a parte demandante.

Vistos os preceptos legais citados e demais de xeral e pertinente aplicación,

Parte dispositiva:

Acordo:

a) Declarar a executada Photon Mundial, S.L., en situación de insolvencia parcial por importe de 6.005,13 euros de principal (1.740,74 euros de indemnización + 4.264,39 euros de salarios de tramitación) e a cantidade de 752,36 euros en concepto provisional de xuros sen prexuízo de posterior liquidación, insolvencia que se entenderá, para todos os efectos, como provisional.

b) Arquivar as actuacións logo de anotación no libro correspondente, sen prexuízo de reabrir a execución se no sucesivo se coñecen novos bens da executada.

c) Procédase á súa inscrición no rexistro correspondente.

Notifíquese ás partes e fágaselles saber que en aplicación do mandato contido no artigo 53.2 da LXS, no primeiro escrito ou comparecencia ante o órgano xudicial, as partes ou interesados e, se é o caso, os profesionais designados sinalarán un domicilio e datos completos para a práctica de actos de comunicación. O domicilio e os datos de localización facilitados con tal fin producirán plenos efectos e as notificacións neles intentadas sen efecto serán válidas mentres non sexan facilitados outros datos alternativos. Será carga procesual das partes e dos seus representantes mantelos actualizados. Así mesmo, deberán comunicar os cambios relativos ao seu número de teléfono, fax, enderezo electrónico ou similares, sempre que estes últimos estean a ser utilizados como instrumentos de comunicación co tribunal.

Modo de impugnación: contra a presente resolución cabe recurso directo de revisión que se deberá interpoñer ante quen dita a resolución no prazo de tres días hábiles seguintes á notificación desta con expresión da infracción cometida nesta a xuízo do recorrente, artigo 188 da LXS. O recorrente que non teña a condición de traballador ou beneficiario de réxime público da Seguridade Social deberá facer un depósito para recorrer de 25 euros, na conta nº 0049 3569 9200 0500 1274 no Banco Santander, S.A. debendo indicar no campo concepto, “recurso” seguida do código “31 Social-Revisión de resolucións secretario xudicial”. Se o ingreso se fai mediante transferencia bancaria, deberá incluír, tras a conta referida, separados por un espazo coa indicación “recurso” seguida do “31 Social-Revisión de resolucións secretario xudicial”. Se efectúa diversos pagamentos na mesma conta, deberá especificar un ingreso por cada concepto, mesmo se obedecen a outros recursos da mesma ou distinta clase indicando no campo de observacións a data da resolución impugnada utilizando o formato dd/mm/aaaa. Quedan exentos do seu aboamento en todo caso, o Ministerio Fiscal, o Estado, as comunidades autónomas, as entidades locais e os organismos autónomos dependentes deles.

E para que sirva de notificación en legal forma a Photon Mundial, S.L., en ignorado paradoiro, expido o presente para a súa inserción no Diario Oficial de Galicia».

Advírtese ao destinatario que as seguintes comunicacións se farán fixando copia da resolución ou da cédula no taboleiro de anuncios da oficina xudicial, salvo o suposto da comunicación das resolucións que deban revestir forma de auto ou sentenza, ou cando se trate de emprazamento.

Santiago de Compostela, 14 de marzo de 2016

A secretaria xudicial