Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 64 Martes, 5 de abril de 2016 Páx. 12067

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 1 de Santiago de Compostela

EDICTO (181/2015).

Eu, María Teresa Vázquez Abades, secretaria xudicial do Xulgado do Social número 1 de Santiago de Compostela, fago saber que no procedemento de execución de títulos xudiciais 181/2015 deste xulgado do social, seguido por instancia de María José Reimóndez Lorenzo contra Dado Dadá, S.L. e o Fondo de Garantía Salarial (Fogasa), ditouse a seguinte resolución:

Decreto: 101/2016.

ETX execución de títulos xudiciais 181/2015.

Procedemento orixe: despedimento/cesamentos en xeral 465/2014.

Sobre: despedimento.

Demandante: María José Reimóndez Lorenzo.

Demandados: Dado Dadá, S.L., Fondo de Garantía Salarial (Fogasa).

Avogado/a: Fogasa.

«Decreto.

Secretaria xudicial: María Teresa Vázquez Abades.

Santiago de Compostela, 14 de marzo de 2016.

Antecedentes de feito:

Primeiro. María José Reimóndez Lorenzo presentou demanda de execución fronte a Dado Dadá, S.L., Fondo de Garantía Salarial (Fogasa).

Segundo. Ditouse auto despachando execución o 22 de xullo de 2015 e posterior auto de extinción da relación laboral o 28 de outubro de 2015 que condena a executada a aboar ao executante a cantidade de 39.141 euros en concepto de principal (14.581,60 euros en concepto de indemnización máis 24.559,4 euros en concepto de salarios de tramitación), máis outros 3.914,1 euros que se fixan provisionalmente en concepto de xuros que, se é o caso, poidan devindicarse durante a execución e as custas desta, sen prexuízo da súa posterior liquidación.

Terceiro. Non se encontraron bens susceptibles de traba e deuse a preceptiva audiencia ao Fondo de Garantía Salarial.

Fundamento de dereito único.

Dispoñen os artigos 250 e 276 da LXS que, de non se ter coñecemento da existencia de bens suficientes do executado nos cales facer traba e embargo, practicaranse as indagacións procedentes e de seren infrutuosas, total ou parcialmente, o/a secretario/a xudicial da execución ditará decreto de insolvencia tras oír o Fondo de Garantía Salarial e a parte demandante.

Vistos os preceptos legais citados e demais de xeral e pertinente aplicación,

Parte dispositiva.

Acordo:

a) Declarar o executado Dado Dadá, S.L. en situación de insolvencia total por importe de 39.141 euros en concepto de principal (14.581,60 euros en concepto de indemnización máis 24.559,4 euros en concepto de salarios de tramitación), máis outros 3.914,1 euros que se fixan provisionalmente en concepto de xuros que, se é o caso, poidan devindicarse durante a execución e as custas desta, sen prexuízo da súa posterior liquidación, insolvencia que se entenderá para todos os efectos como provisional.

b) Arquivar as actuacións logo de anotación no libro correspondente, sen prexuízo de reabrir a execución, se a partir deste momento se coñecen novos bens do executado.

c) Unha vez firme a presente resolución, procédase á súa inscrición no rexistro correspondente.

Notifíquese ás partes, facéndolles saber que en aplicación do mandato contido no artigo 53.2 da LXS, no primeiro escrito ou comparecencia ante o órgano xudicial, as partes ou interesados e, se é o caso, os profesionais designados, sinalarán un domicilio e datos completos para a práctica de actos de comunicación. O domicilio e os datos de localización facilitados con tal fin producirán plenos efectos e as notificacións neles intentadas sen efecto serán válidas mentres non sexan facilitados outros datos alternativos, e é carga procesual das partes e dos seus representantes mantelos actualizados. Así mesmo, deberán comunicar os cambios relativos ao seu número de teléfono, fax, enderezo electrónico ou similares, sempre que estes últimos estean a ser utilizados como instrumentos de comunicación co tribunal.

Modo de impugnación: contra a presente resolución cabe recurso directo de revisión que deberá interpoñerse ante quen dita a resolución no prazo de tres (3) días hábiles seguintes á notificación desta, con expresión da infracción cometida a xuízo do recorrente (artigo 188 da LXS). O recorrente que non teña a condición de traballador ou beneficiario de réxime público da Seguridade Social deberá facer un depósito para recorrer de 25 euros, na conta número 0049 3569 9200 0500 1274 no Banco Santander, S.A., e debe indicar no campo concepto “recurso” seguido do código “31 social-revisión de resolucións secretario xudicial”. Se o ingreso se fai mediante transferencia bancaria deberá incluír, tras a conta referida, separada por un espazo a indicación “recurso” seguida de “31 social-revisión de resolucións secretario xudicial”. Se efectuar diversos pagamentos na mesma conta deberá especificar un ingreso por cada concepto, mesmo se obedecen a outros recursos da mesma ou distinta clase e indicar no campo de observacións a data da resolución impugnada utilizando o formato dd/mm/aaaa. Quedan exentos do seu aboamento, en todo caso, o Ministerio Fiscal, o Estado, as comunidades autónomas, as entidades locais e os organismos autónomos dependentes deles.

O/a secretario/a xudicial».

E para que sirva de notificación en legal forma a Dado Dadá, S.L., en ignorado paradoiro, expido o presente para a súa inserción no Diario Oficial de Galicia.

Santiago de Compostela, 14 de marzo de 2016

A secretaria xudicial