Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 62 Venres, 1 de abril de 2016 Páx. 11771

V. Administración de xustiza

Tribunal Superior de Xustiza de Galicia (Sala do Social)

EDICTO (200/2015-MRA).

Tipo e nº de recurso: RSU. Recurso de suplicación 200/2015-MRA

Xulgado de orixe/autos: seguridade social 510/2014. Xulgado do Social número 3 de Ourense

Recorrente: Secundino Quintela Taboada

Avogado: Antonio Valencia Fidalgo

Recorridos: Instituto Nacional da Seguridade Social, Tesouraría Xeral da Seguridade Social, Cierres Metálicos del Noroeste, S.L. (Cimenor) e Mutua Gallega de Accidentes de Trabajo

Avogados: Servizo Xurídico da Seguridade Social, Eva María Vidal Rodríguez

Eu, M. Socorro Bazarra Varela, secretaria xudicial da Sección número 1 da Sala Segunda do Social do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, fago saber que no procedemento de recurso de suplicación 200/2015 desta sección, seguido por instancia de Secundino Quintela Taboada contra Instituto Nacional da Seguridade Social, Tesouraría Xeral da Seguridade Social, Cierres Metálicos del Noroeste, S.L. (Cimenor) e Mutua Gallega de Accidentes de Trabajo, sobre accidente, se ditou a seguinte resolución:

«Resolvemos que, desestimamos o recurso de suplicación interposto pola representación letrada de Secundino Quintela Taboada contra a Sentenza do Xulgado do Social número 3 de Ourense, do 16 de setembro de 2014, en autos nº 510/2014, que confirmamos.

Incorpórese o orixinal desta sentenza, pola súa orde, ao libro de sentenzas do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia. Sala do Social.

Modo de impugnación. Fáiselles saber ás partes que contra esta sentenza cabe interpor recurso de casación para unificación de doutrina, que se deberá preparar mediante escrito presentado ante esta sala dentro do improrrogable prazo de dez días hábiles inmediatos seguintes ao da data de notificación da sentenza. Se o recorrente non ten a condición de traballador ou beneficiario do réxime público da Seguridade Social, deberá efectuar:

– O depósito de 600 € na conta de 16 díxitos desta sala, aberta no Banco de Santander (Banesto) co número 1552 0000 37, seguida de catro díxitos correspondentes ao número do recurso e dous díxitos do ano deste.

– Así mesmo, se hai cantidade de condena deberá consignala na mesma conta, pero co código 80 en vez do 37, ou ben presentar aval bancario solidario en forma.

– Se o ingreso se fai mediante transferencia bancaria desde unha conta aberta en calquera entidade bancaria distinta, haberá que emitila á conta de vinte díxitos 0049 3569 92 0005001274 e facer constar no campo “Observacións ou Concepto da transferencia” os 16 díxitos que corresponden ao procedemento (1552 0000 80 ou 37 **** ++).

Así, por esta nosa sentenza, pronunciámolo, mandámolo e asinámolo».

Advírteselle á parte en ignorado paradoiro que no sucesivo se lle efectuarán as notificacións en estrados, salvo que se trate de autos, sentenzas ou emprazamentos, de acordo co prevido no artigo 59 da Lei de procedemento laboral.

Para que así conste para efectos da súa publicación no Diario Oficial de Galicia co fin de que sirva de notificación en forma a Cierres Metálicos del Noroeste, S.L., (Cimenor) coa advertencia de que as seguintes comunicacións se farán en estrados, salvo as que deban revestir forma de auto ou sentenza, ou se se trata de emprazamento, expido e asino este edicto.

A Coruña, 10 de marzo de 2016

A secretaria xudicial