Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 62 Venres, 1 de abril de 2016 Páx. 11773

V. Administración de xustiza

Xulgado de Primeira Instancia número 5 de Ourense

EDICTO (592/2014).

Álvaro Garrido Rodríguez, secretario xudicial do Xulgado de Primeira Instancia número 5 de Ourense, polo presente

Anuncio:

Neste procedemento ordinario 592/2014, seguido por instancia de NCG Banco, S.A. fronte a Juan José Fernández Añel, Beatriz Pessoa Freire, ditouse sentenza cuxo teor literal é o seguinte:

«Sentenza

Ourense, un de outubro de dous mil quince

Vistos por min, Ana María Gómez Bande, maxistrada xuíza titular do Xulgado de Primeira Instancia e Instrución número 5 de Ourense, os presentes autos de xuízo ordinario seguidos ante este xulgado baixo o número 592 do ano 2014, por instancia de Abanca Corporación Bancaria, S.A., representada pola procuradora Sra. Ortiz Fuentes e asistida do letrado Sr. Pereira Álvarez, en substitución da súa compañeira a letrada Sra. Robles Ferreras contra Beatriz Pessoa Freire e Juan José Fernández Añel, en situación de rebeldía procesual, constando nas actuacións as súas circunstancias persoais,

Decido:

Estimar substancialmente a demanda interposta por Abanca Corporación Bancaria, S.A., representada pola procuradora Sra. Ortiz Fuentes e asistida polo letrado Sr. Pereira Álvarez, en substitución da súa compañeira a letrada Sra. Robles Ferreras, contra Beatriz Pessoa Freire e Juan José Fernández Añel, en situación de rebeldía procesual, e condeno os demandados a aboarlle solidariamente á parte demandante a cantidade de 5.574,16 euros máis os xuros segundo o disposto no fundamento xurídico segundo in fine e custas procesuais.

Modo de impugnación: recurso de apelación, que se interporá ante o tribunal que ditase a resolución que se impugne dentro do prazo de vinte días contados desde o día seguinte ao da notificación daquela. Así, por esta a miña sentenza, pronúncioo, mándoo e asínoo».

E encontrándose o dito demandado, Juan José Fernández Añel, Beatriz Pessoa Freire, en paradoiro descoñecido, expídese o presente co fin de que lle sirva de notificación en forma a este.

Ourense, 5 de outubro de 2015

O secretario xudicial