Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 62 Venres, 1 de abril de 2016 Páx. 11768

V. Administración de xustiza

Tribunal Superior de Xustiza de Galicia (Sala do Social)

EDICTO de notificación de sentenza (RSU 106/2016 MDM).

Tipo e nº de recurso: RSU recurso suplicación 106/2016

Xulgado de orixe/autos: despedimento obxectivo individual 170/2015 Xulgado do Social número 3 de Vigo

Recorrente: Control de Tránsito y Gestión Auxiliar, S.L.

Avogado: Evaristo Corujo Martínez

Recorrida: Mercedes Represas Tato

Avogada: Cristina Pesqueira García

Recorridos: José Carlos Caldeiro Lareo, José Caldeiro Seguridad, S.L.

Avogada: María Alonso Fernández

Recorridos: Comunidade de Propietarios Colina de Castrelos

Recorridos: Vinculación de Servicios de Conserjería, S.L.

Recorrido: Fondo de Garantía Salarial

María Isabel Freire Corzo, letrada da Administración de xustiza, desta sala do social do Tribunal Superior de Xustiza da Coruña, fago saber que no procedemento de recurso e suplicación 106/2016 desta sección, seguidos por instancia de Mercedes Represas Tato contra Control de Tránsito y Gestión Auxiliar, S.L., José Carlos Caldeiro Lareo e José Caldeiro Seguridad, S.L., Vinculación de Servicios de Conserjería, S.L., comunidade de propietarios Colina de Castrelos e Fondo de Garantía Salarial, sobre despedimento disciplinario, foi ditada resolución cuxa parte dispositiva é a seguinte:

«Decidimos: desestimando o recurso de suplicación interposto pola entidade mercantil Control de Tránsito y Gestión Auxiliar, Sociedad Limitada, contra a sentenza do 27 de xullo de 2015 do Xulgado do Social número 3 de Vigo, ditada en xuízo seguido por instancia de Mercedes Represas Tato contra a recorrente, José Caldeiro Lareo-JC Seguridade, José Caldeiro Seguridad, Sociedad Limitada, Vinculación de Servicios de Conserjería, Sociedad Limitada, Control de Tránsito y Gestión Auxiliar, Sociedad Limitada e a comunidade de propietarios Colina de Castrelos, con intervención do Fondo de Garantía Salarial, a Sala confírmaa integramente e, en legal consecuencia, condenamos a recorrente á perda de depósitos, consignacións e aseguramentos e ás custas da suplicación, cuantificando en 601 euros os honorarios da letrada impugnante de Mercedes Represas Tato e cuantificando en 601 euros os honorarios da letrada impugnante de José Caldeiro Lareo-JC Seguridad y José Caldeiro Seguridad, Sociedad Limitada.

Notifíquese a presente resolución ás partes e ao Ministerio Fiscal.

Modo de impugnación: faise saber ás partes que contra esta sentenza cabe interpoñer recurso de casación para unificación de doutrina que se preparará mediante escrito presentado ante esta sala dentro do prazo improrrogable dos dez días hábiles inmediatos seguintes á data de notificación da sentenza. Se o recorrente non tiver a condición de traballador ou beneficiario do réxime público de seguridade social, deberá efectuar:

– O depósito de 600 € na conta de 16 díxitos desta sala, aberta no Banco de Santander (Banesto) co nº 1552 0000 37 seguida de catro díxitos correspondentes ao nº do recurso e dous díxitos do ano deste.

– Así mesmo, se hai cantidade de condena, deberá consignala na mesma conta pero co código 80 en vez do 37, ou ben presentar aval bancario solidario en forma.

– Se o ingreso se fixer mediante transferencia bancaria desde unha conta aberta en calquera entidade bancaria distinta, haberá que emitila á conta de vinte díxitos 0049 3569 92 0005001274 e facer constar no campo “Observacións” ou “Concepto da transferencia” os 16 díxitos que corresponden ao procedemento (1552 0000 80 ou 37 **** ++).

Unha vez firme, expídase certificación para constancia na peza que se arquivará neste tribunal e incorpórese o orixinal ao correspondente libro de sentenzas, logo de devolución dos autos ao xulgado do social de procedencia.

Así o pronunciamos, mandamos e asinamos por esta nosa sentenza».

E para que sirva de notificación en legal forma a Vinculación de Servicios de Conserjería, S.L., en ignorado paradoiro, expido este edicto para a súa inserción no Diario Oficial de Galicia.

Advírtese ao destinatario que as seguintes comunicacións se farán fixando copia da resolución ou da cédula no taboleiro de anuncios da oficina xudicial, salvo no suposto da comunicación das resolucións que deban revestir forma de auto ou sentenza, ou cando se trate de emprazamento.

A Coruña, 7 de marzo de 2016

A letrada da Administración de xustiza