Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 62 Venres, 1 de abril de 2016 Páx. 11766

V. Administración de xustiza

Tribunal Superior de Xustiza de Galicia (Sala do Social)

EDICTO (2147/2015).

Eu, María Isabel Freire Corzo, letrada da Administración de xustiza da sala do social do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, dou fe e certifico que no recurso de suplicación 2147/2015, formalizado por CRC Obras y Servicios, S.L., contra a sentenza ditada polo Xulgado do Social número 3 de Pontevedra no procedemento ordinario 144/2014, seguidos por instancia de Paulino Campos Domínguez, José Antonio Rodríguez Amorín, Andrés Emilio Rodríguez Sanmartín, Iván Rodríguez Sanmartín, Jesús Ángel López Sánchez, Alberto Devesa Dafonte fronte ao Fogasa, CRC Obras y Servicios, S.L., Hermanos Malvar Vázquez Construcciones, S.L., administración concursal Hermanos Malvar Vázquez Construcciones, S.L. (SR Fonterigo Quiñones), recaeu sentenza, con data do 7 de marzo de 2016, que, copiada nos particulares necesarios, di así:

«Decidimos que desestimando o recurso de suplicación interposto pola empresa CRC Obras y Servicios, S.L. contra a sentenza ditada polo Xulgado do Social número 3 de Pontevedra, en xuízo instado por Paulino Campos Domínguez, José Antonio Rodríguez Amorín, Andrés Emilio Rodríguez Sanmartín, Iván Rodríguez Sanmartín, Jesús Ángel López Sánchez, Alberto Devesa Dafonte, contra Hermanos Malvar Vázquez Construcciones, S.L. en concurso, CRC Obras y Servicios, S.L. e o Fondo de Garantía Salarial, a sala a confirma na súa totalidade e, dando a consignación e depósito o destino regulamentario, condénase á recorrente a aboar ao letrado impugnante do recurso a cantidade de 601 euros en concepto de honorarios.

Notifíquese esta resolución ás partes e á Fiscalía do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia.

Modo de impugnación. Faise saber ás partes que contra esta sentenza cabe interpoñer recurso de casación para unificación de doutrina que se debe preparar mediante escrito presentado ante esta sala dentro do improrrogable prazo de dez días hábiles inmediatos seguintes á data de notificación da sentenza. Se o recorrente non tivese a condición de traballador ou beneficiario do réxime público de seguridade social deberá efectuar:

– O depósito de 600 euros na conta de dezaseis díxitos desta sala, aberta no Banco de Santander (Banesto) co número 1552 0000 37 seguida de catro díxitos correspondentes ao número do recurso e dous díxitos do ano deste.

– Así mesmo, se hai cantidade de condena deberá consignala na mesma conta, pero co código 80 en vez do 37, ou ben presentar aval bancario solidario en forma.

– Se o ingreso se fai mediante transferencia bancaria desde unha conta aberta en calquera entidade bancaria distinta, deberá emitila á conta de vinte díxitos
0049 3569 92 0005001274 e facer constar no campo “Observacións ou Concepto da transferencia” os dezaseis díxitos que corresponden ao procedemento
(1552 0000 80 ou 37 **** ++)».

E para que así conste para os efectos da súa publicación no Diario Oficial de Galicia, co fin de que sirva de notificación en forma a Hermanos Malvar Vázquez Construcciones, S.L., actualmente en ignorado paradoiro, con último domicilio coñecido na rúa Pintor Urbano Lugrís, 2, baixo D, Pontevedra, coa advertencia de que as seguintes comunicacións se farán en estrados, salvo as que deban revestir forma de auto ou sentenza ou se trate de emprazamento, expido e asino o presente edicto.

A Coruña, 7 de marzo de 2016

A letrada da Administración de xustiza