Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 57 Mércores, 23 de marzo de 2016 Páx. 10761

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 5 da Coruña

EDICTO (1152/2015).

DSP. Despedimento/cesamentos en xeral 1152/2015

Procedemento orixe: sobre despedimento

Demandante: Filomena Ferreiro Núñez

Avogada: Cristina Augusta Gómez Lozano

Demandados: Bella Signora 1969, S.L. e o Fondo de Garantía Salarial

Eu, María Jesús Hernando Arenas, secretaria xudicial do Xulgado do Social número 5 da Coruña, fago saber que no procedemento de despedimento/cesamentos en xeral 1152/2015 deste xulgado do social, seguido por instancia de Filomena Ferreiro Núñez contra Bella Signora 1969, S.L. e o Fondo de Garantía Salarial, sobre despedimento, se ditou sentenza cuxa resolución di:

«Que debo estimar e estimo a demanda que en materia de despedimento foi interposta por Filomena Ferreiro Núñez contra a entidade Bella Signora 1969, S.L. e, en consecuencia, debo declarar e declaro improcedente o despedimento de que a demandante foi obxecto con data do 24 de outubro de 2015 e debo declarar e declaro extinguida a relación laboral que unía as partes, desde a data desta resolución (2.3.2016), ao cesar na súa actividade a anterior entidade, e condeno a entidade Bella Signora 1969, S.L. ao aboamento dunha indemnización por despedimento a razón de 2.609,53 euros e por salarios de tramitación a razón de 4.405,7 euros.

Notifíqueselles esta resolución ás partes e fágaselles saber o seu dereito de interpor contra ela recurso de suplicación, ante a Sala do Social do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, o cal poderán anunciar por comparecencia ou por escrito ante este xulgado no prazo de cinco días a partir da súa notificación.

Coa intervención procesual do Fondo de Garantía Salarial.

Así, por esta miña sentenza, pronúncioo, mándoo e asínoo».

Para que lle sirva de notificación en legal forma a Bella Signora 1969, S.L., en ignorado paradoiro, expido este edicto para a súa inserción no Diario Oficial de Galicia.

Advírteselle á destinataria que as seguintes comunicacións se farán fixando copia da resolución ou da cédula no taboleiro de anuncios da oficina xudicial, salvo no suposto da comunicación das resolucións que deban revestir forma de auto ou sentenza, ou cando se trate de emprazamento.

A Coruña, 3 de marzo de 2016

A secretaria xudicial