Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 57 Mércores, 23 de marzo de 2016 Páx. 10759

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 5 da Coruña

EDICTO (1138/2015).

DSP despedimento/cesamentos en xeral 1138/2015

Procedemento orixe sobre despedimento

Demandante: Rodrigo López Trillo

Demandados: Doble Imagen, S.L., Fondo de Garantía Salarial

Eu, María Jesús Hernando Arenas, secretaria xudicial do Xulgado do Social número 5 da Coruña, fago saber que no procedemento de despedimento/cesamentos en xeral 1138/2015 deste xulgado do social, seguido por instancia de Rodrigo López Trillo contra Doble Imagen, S.L. e Fondo de Garantía Salarial, sobre despedimento, se ditou sentenza cuxa resolución di:

Que debo desestimar e desestimo a demanda que en materia de resolución de contrato foi interposta por Rodrigo López Trillo contra a entidade Doble Imagen, S.L. e a súa administración concursal ao concorrer a excepción de falta de xurisdición alegada, remitíndose á xurisdición mercantil o exercicio das súas reclamacións.

Que debo estimar e estimo a demanda que en materia de cantidade foi interposta por Rodrigo López Trillo contra a entidade Doble Imagen, S.L. e a súa administración concursal e, en consecuencia, debo condenar e condeno a entidade Doble Imagen, S.L., e a súa administración concursal a que lle aboe ao demandante a cantidade de 9.658,29 euros brutos por salarios devindicados entre xullo e o 6 de decembro de 2015, ambos inclusive, pagas extras de xullo e decembro de 2015 e complemento de incapacidade temporal, así como o xuro do 10 % por mora e aplicable aos conceptos salariais.

Coa intervención procesual do Fondo de Garantía Salarial.

Notifíqueselles esta resolución ás partes e fágaselles saber o seu dereito a interpor contra ela recurso de suplicación, ante a Sala do Social do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, o cal poderán anunciar por comparecencia ou por escrito ante este xulgado no prazo de cinco días a partir da súa notificación.

Así, por esta miña sentenza, pronúnciao, mándao e asínao a maxistrada xuíza do Xulgado do Social número 5 da Coruña, Pilar Carreira Vidal.

Para que lle sirva de notificación en legal forma á empresa Doble Imagen, S.L., en ignorado paradoiro, expido este edicto para a súa inserción no Diario Oficial de Galicia.

Advírteselle á destinataria que as seguintes comunicacións se farán fixando copia da resolución ou da cédula no taboleiro de anuncios da oficina xudicial, salvo no suposto da comunicación das resolucións que sexan autos ou sentenza, ou cando se trate de emprazamento.

A Coruña, 3 de marzo de 2016

A secretaria xudicial