Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 57 Mércores, 23 de marzo de 2016 Páx. 10757

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 2 da Coruña

EDICTO de notificación de sentenza (1106/2013).

Eu, María Adelaida Egurbide Margañón, secretaria xudicial do Xulgado do Social número 2 da Coruña, fago saber que no procedemento de seguridade social 1106/2013 deste xulgado do social, seguido por instancia de Jesús Sánchez Regueiro contra a empresa Feiteira, S.L., mutua La Fraternidad, Tesouraría Xeral da Seguridade Social (TXSS), Instituto Nacional da Seguridade Social (INSS), sobre seguridade social, foi ditada a seguinte resolución, cuxo encabezamento e parte dispositiva se xunta:

«Sentenza:

A Coruña, 3 de marzo de 2016.

Jorge Hay Alba, maxistrado do Xulgado do Social número 2 da Coruña, tendo visto os presentes autos seguidos neste xulgado co número 1106/2013, nos cales son parte, dun lado, como demandante, sucesores de Jesús Sánchez Regueiro, representada polo letrado Alfonso Iglesias Fernández e, como demandado mercantil, Freitería, que non comparece a pesar de estar citada en legal forma; mutua La Fraternidad, representada pola letrada Emma Ojea Castro e a TXSS e INSS, representadas polo letrado Ángel González Quintas, sobre cambio de continxencia, pronunciou en nome do o rei a seguinte sentenza:

Decido:

Que debo desestimar e desestimo a demanda interposta polos sucesores de Jesús Sánchez Regueiro contra o INSS, TXSS, mutua Fraternidade e Feiteira, S.L., con absolución dos demandados.

Notifíquese esta resolución ás partes, ás cales se fará saber que contra ela só cabe recurso de suplicación ante o Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, anunciándoo ante este xulgado no prazo de cinco días contados a partir da notificación desta sentenza.

Así o pronuncio, mando e asino por esta a miña sentenza, xulgando definitivamente».

E para que sirva de notificación en legal forma a Feiteira, S.L., en ignorado paradoiro, expido este edicto para a súa inserción no Diario Oficial de Galicia.

Advírtese ao destinatario que as seguintes comunicacións se farán fixando copia da resolución ou da cédula no taboleiro de anuncios da oficina xudicial, salvo no suposto da comunicación das resolucións que deban revestir forma de auto ou sentenza, ou cando se trate de emprazamento.

A Coruña, 3 de marzo de 2016

A secretaria xudicial